lunes, 27 de octubre de 2008

Platón e a arte rupestre

Félix de Azúa é un coñecido poeta, escritor e ensaista, doctor en Filosofía e profesor de Estética na Escola deAarquitectura da Universidade Politécnica de Cataluña, a súa cidade natal. O pasado día 15 de Septembro publicou no diario El País o artigo titulado "Inicuo paso primitivo", polémico, como tantas outras cousas del, e que podes xa ler se premes no enlace anterior, no que comeza falando da arte rupestre e a aparición das imaxes na historia da humanidade, e das pouco convincentes hipóteses da orixe desa arte e desas imaxes que os investigadores propuxeron ata hoxe... Pero é que, a maiores, Azúa lévanos na segunda parte deste artigo a relacionar a representación de cabalos, mamuts ou bisontes... coa aparición, vinte e nove mil cincocentos anos máis tarde -reparemos en que Azúa escribe esta referencia cronolóxica "con letra"-... ¡do mundo das Ideas de Platón!
Ánimo. Este blog espera os vosos comentarios, críticos ou non...

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Ola
Antes de dicir en voz alta algúns pensamentos ó fío do artigo de Azúa, gustaríame agradecer o traballiño invertido nestes blogs: pasealos é unha gozada. Noraboa. E moito ánimo para seguir en adiante.
Do artigo quedo con varias cousas ben interesantes. A primeira é a beleza, por exemplo, na descripción da mirada dos cabalos. A segunda é a mención de Platón e da curiosa relación entre a pintura rupestre e o mundo das ideas, aludindo a éste como o mundo onde se pode amar sen dolor. Pero sobre todo quedo coa inquietante reflexión acerca da invención da imaxe, por dúas cousas: polo abismo que supón todo pensamento acerca da orixe, e pola importancia de semellante descubrimento para a nosa condición de humanos. Sen acometer esa "impiedade orixinal" o mundo non sería tal. Pero a cambio, a perda é inimaxinable: a representación determina qué ver, e qué esquecer.
En fin. Que vivan os artistas capaces de atisbar o imposible.

Saúdos,
Corrina.

D.F. dijo...

Ola. Marabillosa -non é falta: en galego é con be, ¿eh?-, marabillosa canción. Poucas persoas reparan nela, en realidade... Por aquí hai un merlo que silba e canta.
O teu foi o primeiro comentario de certa extensión nesta bitácora. Xa recibirás a medalla, e tal.
Hmmmn... ¿Que podemos engadir ás túas palabas? Ben, supoñemos que sabes que tes outra entrada deste autor, algo máis adiante: onde vexas un cartel sobre certa porta, ou algo así. Xa non recordo se hai que abrila, ou que.
Por certo, ¿de cántas Ideas participaban as nubes que Platón miraraba, que sabe un, en Siracusa, poñamos por caso...?
Saúdos, sexas quen sexas.