sábado, 18 de octubre de 2008

Textos de Platón propostos pola CIUG


Como xa foi dito na aula, este ano, como novidade, a CIUG-Filosofía propón unha serie de textos para cada un dos oito temas do curso. Os textos da Proba de Selectividade de Xuño de 2009 serán fragmentos extraídos desta selección, polo que é conveniente coñecelos .
De Platón son sete, de diferente extensión e, se queremos manter a orde cronolóxica, debemos reubicar o que aparece en último lugar, o fragmento do "Menón", como o primeiro da lista. Éste é o enlace para chegar ata os textos, e unha vez alí ("Probas de Acceso á Universidade"), terás que ir pinchando nos seguintes puntos (non houbo maneira de lograr un enlace directo e sinxelo: ¡bravo pola CIUG!): " Área de Centros" (arriba, dereita) ;" Grupos de Traballo" (no centro) ;" Últimas actualizacións "(debes baixar un poco) ; dentro do rectángulo de" Filosofía", pincha en "textos" ; ¡voilà! Podes imprimilos, opción recomendable, por motivos obvios (disponibilidade, etc.). Ímos un por un:
  • "Menón": Non é moi diferente do texto comentado xa do "Fedón" (ver páxina 1-14, arriba, e o último parágarfo da 1-7 e o primeiro da 1-8 do Tema 1) . No Tema 1 hai unha referencia a esta obra na páxina 1-7 (o "Menón" é da etapa de transición). Sobre a suposta inmortalidade da alma, ver apartado IV.3.1, parágrafo final, por favor.
  • "República", fagmento do Libro IV: O seu tema está claro desde o comezo, e non é un texto difícil: as virtudes (sabedoría, valentía, moderación, xustiza) da cidade. Falan o personaxe Sócrates (alter ego de platón) e Glaucón.
  • "República", fragmento do Libro VI: É a "pasaxe da Liña", un clásico de Platón. Ver Tema 1, páxinas 1-8 e 1-9. Advirtamos que a traducción dos termos claves desta pasaxe coinciden cos que utilizamos nós no tema 1, pero que non obstante certas expresións deste fragmento poden confundir, motivo polo cal en breve engadiremos neste blog unha serie de breves notas para evitar esa posible confusión. O maior problema deste texto é sen embargo a orde que segue, pois como é un diálogo entre Sócrates (o personaxe alter ego de Platón) e Glaucón, non van pasando de abaixo arriba un por un por cada parte da Liña, senón que agora suben, agora baixan, e así... Paciencia...
  • "República", fragmento do Libro VII: En fin, éste xa o coñeces: é a "pasaxe da Caverna", mal chamada "mito da Caverna" (que non está en linguaxe mítica o demostra o último parágrafo deste texto da CIUG). Ti xa tes este texto, e máis extenso, pois continua algo maís, pero aquí o atopas outra vez. Véase Tema 1, páxinas 1-9, 1-15, e outras...
  • "Fedro" (fragmento): Deste fragmento deste diálogo da etapa de madurez hai unha breve referencia na páxina 1-10, últimas liñas. Ten presente que é linguaxe mítica, e o que sobre isto e a suposta inmortalidade da alma se di no tema, por favor. O texto talvez resulte algo difícil de seguir nunha primeira lectura, pero nada máis.
  • "Timeo" (fragmento): Parte deste texto o tes na fotocopia A-3 (é o texto que está acompañado dun comentario completo mecanografiado). Fala o personaxe Timeo, e fala en linguaxe mítica. Debes ter en conta fundamentalmente o apartado IV.2 do Tema 1, así como o dito de Anaxágoras e de Demócrito, e o que diremos de Aristóteles no futuro...
  • "Carta VII": Non é un fragmento largo, nin tampoco de dificultosa lectura. Máis ben o contrario. A morte de Socrates, a inexistencia de goberno algún aceptable, a necesidade de pensar nun Estado gobernado por persoas realmente preparadas...

No hay comentarios: