lunes, 27 de abril de 2009

domingo, 26 de abril de 2009

A obra de Nietzsche en castelán, na rede

A obra de Nietzsche está xa desde fai tempo á túa disposición na rede, convenientemente traducida ao castelán. Todo o que tes que facer é premer aquí, buscar e ler o que desexes. Atoparás un montón de cousas: textos, fotos, música (Nietzsche era compositor), etc.
Internet, que tamén ten este tipo de detalles...

sábado, 25 de abril de 2009

Textos de Nietzsche propostos pola CIUG

Finalmente a CIUG xa ten na súa páxina os sete textos de Nietzsche que considera máis adecuados (ao parecer). Para acceder a eles, se non queres coler os que tes na túa aula, no taboeiro, desde fai días, o de sempre:
  1. Preme aquí para acceder á páxina da CIUG.
  2. Agora, sobre "Área de Centros" (arriba, á dereita).
  3. E agora sobre "Grupos de traballo".
  4. Busca o rectángulo correspondente a "Filosofía" e preme sobre "Cuarta entrega de textos".
  5. Preme sobre "Nietzsche", e xa os tes diante.
Fe de erratas: A CIUG comunica por correo electrónico que na traducción do texto I de Nietzsche hai tres erratas: No punto 4, onde di "inacadabe" DEBE DICIR "inacadable"; e onde di "inacabado" DEBE DICIR "inacadado"; e onde di "inacabado" DEBE DICIR "inacadado". É importante que fagas as correccións.

lunes, 20 de abril de 2009

sábado, 11 de abril de 2009

Hume: tres ou catro enlaces que un atopou del

A ver: propoñemos unha pequena viaxe por algún que outro sitio da rede, e así coñecer algo mellor a este home. Polo camiño atoparemos ademais, algú que outro xogo. Ou así:
  1. Enlace número un. (Vida e milagres).
  2. E o dous. (De todo un pouco, xogos incluídos).
  3. O terceiro. (Algo enciclopédico).
  4. Outro máis...
Naturalmente, hai moito máis. Se queres, busca. Pero con criterio: na rede hai moito, pero non todo vale, lembra.

Textos de Hume propostos pola CIUG

Para chegar a eles, o de sempre: preme aquí, e agora, unha vez dentro da páxina da CIUG, primeiro pinchas sobre "Área de Centros", logo sobre "Grupos de Traballo", despois buscas o rectángulo de "Filosofía", e dentro del, premes sobre "Tercira entrega de textos", e finalmente sobre "Hume", e aparecerán os oito textos deste autor escocés da Ilustración. Listo. (Sempre tes a opción de fotocopialos utilizando as copias colgadas no taboeiro da túa aula: tradicional, pero útil).

jueves, 9 de abril de 2009