viernes, 20 de febrero de 2009

Sobre os once textos cartesianos propostos pola CIUG

A CIUG inclúe ata once textos de Descartes, e aquí intentaremos dicir algo de cada un, por se iso pode resultar de axuda:
  1. O primeiro é un breve e sinxelo fragmento das "Regras...", no que fala das ventaxas do método, das regras deste, da verdade tal e como el a entende...
  2. Un par de parágrafos antes de que Descartes escriba na Parte II do "Discurso..." as famosas catro regras, atopamos este parágarfo no que escribe do seu proxecto, a busca do verdadeiro método, e fala de evitar a precipitación... Outra vez é un texto breve e de fácil comprensión.
  3. Último parágrafo da Parte II do "Discurso...": enunciadas xa as catro regras algo máis atrás, agora Descartes afirma ter atopado o método adecuado que permitirá conseguir o verdadeiro coñecemento, e que non é un método para tal ou cal ciencia, senón para todo o saber humano. Tamén advirte que a tarefa que agora comeza é enome e require tempo e evitar a precipitación. Pero considerando que a filosofía é o fundamento de todo o saber, pensa imprescindible investigar eses principios da filosofía na que non cre que de momento haxa ningún con certeza (se saltamos a Parte III, dedicada á moral provisional, na Parte IV que xa chega, comeza coa dúbida metódica). Pero este proxecto é o suficientemente grande e importante como para darse tempo, dada a súa idade, e así evitar a precipitación (e a prevención).
  4. Fala de varias cousas: da árbore dos saberes e da súa xerarquía. Tamén do seu método, universal e non específico de ciencia concreta algunha. Non deixa de facer tamén unha breve referencia á moral provisional, ollo...
  5. Comezo da Parte IV do "Discurso...", a parte máis coñecida desa obra (a verdade é que sáltanse as sete primeiras liñas). Nos renglós un e dous fala da moral provisional, tratada na Parte III que acaba de rematar (lembra que a dúbida metódica é teorética). O resto é Descartes en estado puro: presupostos da dúbida metódica e resumo das súas hipóteses. Pero presta atención: a orde de aparición das hipóteses non é a mesma que en "Meditacións metafísicas", e nin sequera fala do Xenio Maligno, senón que exprésase doutro xeito: "e posto que hai homes que se equivocan razoando..." A palabra "paraloxiosmos" significa argumentacións incorrectas. Ao final aparece a archicoñecida proposición deste filósofo e científico. (Unha curiosidade: a hipótese do soño atópase aquí en último lugar).
  6. Agora o mesmo, pero nas "Meditacións...", que é unha obra máis completa. Xusto antes de enunciar a proposición que lle fixo famoso, Descates para a tomar aire e fai un resumo da dúbida metódica e do seu límite: non pode poñer en dúbida a dúbida mesma, porque iso xa é dubidar, etc., etc., etc.
  7. As dúas primeiras demostración da existencia de Deus. A segunda está nos sete derradeiros renglóns. Lembra que debes relacionar estas demostracións co cogito, o criterio de verdade e o Xenio, e facelo ben.
  8. Estamos case ao final da Parte IV do "Discurso...", e Descartes xa demostrou por tres veces tres que Deus existe. Neste texto está a falar do papel deste Deus veraz e bo como garante do criterio de verdade (claridade e distinción). Non olvides poñelo en relación co Xenio , o cogito e... o criterio, claro.
  9. Primeira demostración da existencia de Deus nas "Meditacións metafísicas". Comeza falando das ideas "supostamente" adventicias (neste momento aínda non pode afimar a existencia do mundo). Ollo co parágrafo II e co derradeiro, vistos na aula, porque poden confundir. Se sintes certa desorientación, volve a reler as demostracións no Tema 5 mecanografiado, e logo volves aquí.
  10. Fala da noción de substancia tal e como a entende este autor. Cando fala da "Escola", refírese á corriente de pensamento aínda dominante na época, a filosofía-teoloxía escolástica cristiana de orixe medieval, que el intenta superar, de aí que sexa considerado como o primeiro filósofo "moderno" (se ben é certo que arrastra certos prexuízos escolásticos nos seus escritos).
  11. Segue a falar das substancias, neste caso de pensamento e extensión, e do que entende por atributo. Tanto aquí como no anterior, non esqueces a Spinoza ou Leibniz (ou locke, Hume e Kant, xa postos).

jueves, 19 de febrero de 2009

Textos de Descartes propostos pola CIUG

Unha vez máis chega o momento de pensar na Santa CIUG da nosa PAAU. Pois ben:
  1. Escribimos "CIUG" en Google ou Firefox, ou ben prememos neste enlace.
  2. Agora prememos sobre "Área de Centros".
  3. E agora, sobre "Grupos de Traballo".
  4. Agora buscamos o rectángulo de "Filosofía", e prememos sobre "Terceira entrega de textos".
  5. Prememos onde di "Descartes", e esperamos un pouquiño... Por fin: Agora xa tes diante os ¡once! textos de Descartes. Tranquilidade: son breves. Podes imprimilos, se queres, pero están xa postos no taboeiro da túa aula, se prefires fotocopialos.

É todo, polo de agora.

viernes, 13 de febrero de 2009

jueves, 5 de febrero de 2009

Maquiavelo na rede


Ofrecemos aquí a posibilidade de ampliar a información sobre Maquiavelo vendo cousas na rede, e incluso accediendo nela á súa obra máis coñecida, "O príncipe", da que ofrecemos unha versión de varias que hai en Internet:
  1. Aquí podes atopar en castelán a obra "El príncipe", completa e con índice incluído.
  2. Wiki dedicada a Maquiavelo.
  3. Aquí atoparás o que podemos chamar "un tema" dedicado a este autor, con nove apartados.
  4. Unha breve biografía de NM.
  5. Etc.: hai moitas cousas máis sobre el, que ti podes buscar, pero tendo presente o de sempre: non todo o que está na rede é necesariamente bo...
Sorte...

miércoles, 4 de febrero de 2009

Sobre os seis textos de Maquiavelo propostos pola CIUG


Seis son os textos propostos pola CIUG, non moi extensos e sen gran dificultade. Comenaremolos un por un:
  1. O primeiro é unha famosa carta da época na que Maquiavelo caera en desgracia, levando unha vida apartado e con dificultades de todo tipo. O primeiro parágrafo é unha conseguida descripción desa vida, pero é o segundo o que importa: nel fala das súas lecturas dos libros de historia da Antigüidade, dos seus presupostos do seus así chamado realismo político e dos temas que lle interesa estudar: qué é un principado, clases de principados, como se adquiren, como se perden... E fala da súa obra "O Príncipe". É un breve texto ( o parágrafo II) que permite falar practicamente de case todo o seu pensamento político.
  2. A partir de aquí, todos os textos son fragmentos de "O Príncipe". É moi recomendable que antes de ler cada texto leas abaixo o título do capítulo do que está extraído, porque é moi indicativo do seu contido. Éste fala dos príncipes que chegaron ao poder mediante delitos. En concreto, Maquiavelo escribe sobre a utilización positiva ou negativa da crueldade ("león") como instumento de poder, e as consecuencias que se derivan. Debes pensar non unicamente, pero si sobre todo na parte final do noso Tema 4. Fálase de Agatocles: preme aquí se queres saber quen era sen ter que ler demasiado.
  3. No parágrafo I mantén a súa tese do realismo político, oposto á idealización dun Platón ou dun Agostín, que levarían ao fracaso. Partindo de aí, no II di que todo home ou príncipe destaca por algunha virtude ou vicio que causa eloxio ou censura. E no III, que o príncipe non pode ter todalas virtudes, pero si é necesario que sexa prudente para evitar a infamia (mala fama) dos vicios que poden arrebatarlle o poder. Sen embargo, certos vicios poden ser útiles como ferramenta política. Ou sexa, non é éste o único texto no que di que a imaxe dada do príncipe é fundamental, ao marxe de que sexa ou non sexa realmente virtuoso.
  4. De se é mellor que o príncipe sexa amado ou temido. O mellor é combinar ambas cousas, pero de escoller é mellor ser temido, e Maquiavelo explica por que, deixando clara a súa visión pesimista da natureza humana. No blog hai unha entrada dedicada á película "Una historia del Bronx". Pois ben, nela hai unha escena na que o mafioso Sony fala precisamente como Maquiavelo aquí, xa que o personaxe lera ao italiano con frecuencia... na cárcere.
  5. ¿Debe o príncipe manter sempre a súa palabra? O príncipe non sempre debe ser leal. Lembra que Maquiavelo falaba de ser "raposo". Tamén di que debe ter tanto o lado bestial como o humano, e saber utilizar cada un segundo a ocasión. Logo insiste na necesidade de cuidar a imaxe que o príncipe da de si mesmo aos demais, e incluso da necesidade de non ser "bo" para conservar o Estado. Insiste na necesidade de cativar ao vulgo (as minorías non contan) atendendo aos resultados obtidos. Termina cunha referencia velada a Fernando o Católico, como exemplo de persoa que reúne estas capacidades.
  6. De como e por que evitar tanto o odio como o desprezo, e sempre por motivos políticos, non morais. Advirte ao final que o odio se gaña tamén ás veces por intentar ser "bo" nuha situación onde reina a corrupción e resulta indebido, polas consecuencias.

martes, 3 de febrero de 2009

Textos de Maquiavelo propostos pola CIUG

Como sempre recordamos o camiño cara aos textos que choven desde a CIUG:
  1. Escribimos "CIUG" en Google ou Firefox, ou prememos xa aquí.
  2. Agora prememos sobre "Área de Centros" (arriba, á dereita).
  3. E sobre "Grupos de Traballo".
  4. E agora, dentro do rectángulo de "Filosofía", prememos onde di "Terceira entrega de textos".
  5. E finalmente buscas "Maquiavelo", onde atoparás seis textos seis do italiano inmortal.

TEMA 4

lunes, 2 de febrero de 2009

"Han caído los dos"

"Xamais perdonarei ao meu tío, nin á igrexia, nin a Deus, pola cruel mutilación que nos roubou a felicidade"
(Carta de Eloisa a Abelardo)


A tráxica historia de amor de Abelardo (1079-1142) e Eloísa é demasiado grande e -a pesar de todo e por enriba de todo e de todos- fermosa como para que caiba nesta entrada. Afortunadamente os irmáns Auserón botáronnos unha man (adiviña cal dos dous estudiou filosofía...).
Propoñemos a seguinte folla de ruta, para mentes sedentas de vida:
Naturalmente que podes atopar moita máis información na Rede, bibliografía incluída, pero non pretenderás que fagamos todo por ti, ¿ou?

domingo, 1 de febrero de 2009

Lost in translation

O vello Agostín, bispo xa de Hipona, levou nos seus últimos anos -din- unha vida ascética, dedicada ao estudo...
Mais, ás veces, cando o sermón ou a carta resistíaselle e non daba coa frase axeitada, algo parecía tirar del con suavidade... Cara ao oco da ventá..., que daba ao norte...

Well, if you're travelin' in the north country fair,
Where the winds hit heavy on the borderline,
Remember me to one who lives there.
She once was a true love of mine.

Well, if you go when the snowflakes storm,
When the rivers freeze and summer ends,
Please see if she's wearing a coat so warm,
To keep her from the howlin' winds.

Please see for me if her hair hangs long,
If it rolls and flows all down her breast.
Please see for me if her hair hangs long,
That's the way I remember her best.

I'm a-wonderin' if she remembers me at all.
Many times I've often prayed
In the darkness of my night,
In the brightness of my day.

So if you're travelin' in the north country fair,
Where the winds hit heavy on the borderline,
Remember me to one who lives there.
She once was a true love of mine.
(Bob Dylan, "Girl from the north country")