jueves, 27 de noviembre de 2008

Mapa de Grecia e Macedonia: Estaxira

Estaxira: onde podes ver o número seis. O oito é Atenas.

sábado, 15 de noviembre de 2008

Sobre os sete textos de Aristóteles (2008-09)

A CIUG propón sete textos deste autor, de desigual condición. Incluímos aquí algúns comentarios co fin de facilitar a súa preparación de cara á PAAU. Iremos numerando os textos:
  1. O primeiro é da "Física", é breve e trata dos entes do mundo sublunar. Di que nos entes físicos ou naturais ( catro elementos, cousas naturais non vivas, seres vivos) a natureza é principio de movemento e repouso (xa sabes: potencia acto, materia, forma, "telos" inmanente..). A éstes Aristóteles opón os entes artificiais (camas, barcos, etc.).
  2. Outro da "Física": trata das catro causas. No parágrafo I podes ler: "(...) as causas (...) xeración e a destrución e con todo cambio natural". No parágrafo II, vemos: (a) causa material ou materia; (b) causa formal ou forma; (c) causa axente ou eficiente ou motora ou motor; (d) causa final ("telos"). Este texto, recortado dun xeito non moi distinto, o temos incluído no noso Tema 2.
  3. Tamén da "Física", pero cunha traducción que pode despistar. No parágrafo I di que se a natureza é principio de movemento e repouso, debemos saber qué é movemento. Ao comezo do II o di: "a actualidade do potencial" (acto do que é en potencia). A continuación fala dos catro tipos de movemento: o sustancial e o accidental, que á súa vez subdivídese en tres (cualitativo, cuantitativo e local). O que pasa é que no texto aparecen nesta extraña orde: cualitativo ("alteración"), cuantitativo ("aumentar", "diminuír"), sustancial ("a xénese e a destrución") e local ("translación"). Como antes, temos este texto incluído no noso Tema 2, pero recortado dun xeito algo diferente. E desde logo con outra traducción, naturalmente.
  4. É da "Ética a Nicómaco" (lembra que para Aristóteles a ética está incluída na política), e consta de tres parágrafos numerados como 1, 2 e 4. O nº1 é o de menor interese, e ven dicir que cada arte, investigación, acción ou elección tende a algún ben. Como hai moitas accións, artes, ciencias, tamén hai moitos fins. E os fins das principais son preferibles ás das subordinadas. O nº2 xa fala da política: se hai un fin dos nosos actos que queiramos por si mesmo, ése sería o mellor. Polo que é fundamental para a nosa vida coñecelo. E por tanto coñecer tamén a que ciencia ou facultade corresponde: a política ( a retórica, a extratexia e a economía dependen dela). E como o fin ("telos") do individuo e o da cidade son o mesmo, será máis grande o desta. Finalmente, o nº4, que é o que leva máis dentro de si, di que o ben ao que tende a política é a felicidade (benestar, "eudaimonía"), vivir e obrar ben. Pero non hai acordo entre as persoas respecto a qué é a felicidade. "Pero algúns cren que ademais de toda esta abundancia de bens, hai outro que existe de seu e que é a causa de que todos aqueles sexan bens". Sinala despois que hai que comezar polas cousas máis fáciles de coñecer para nós, e que, polo tanto, sobre a política o home debe guiarse polos costumes. E partindo dese punto, poderá dar despois cos princios.
  5. Outro da mesma obra: a felicidade é o mellor, pero para saber e qué consiste hai que saber cal é a función (natural) do home; a propia ou específica del. E non pode ser nin vivir a secas, nin ter alma vexetativa, nin a sensitiva, pois todo iso o comparte con moitos seres vivos. Así que ten que ser o relacionado coa alma racional ("logos": razón, palabra). Polo tanto, a actividade propia do home é a da alma conforme á razón, e o seu ben, a que é de acordo coa virtude, ou virtudes. Tamén temos un texto no noso Tema 2 que é unha parte deste.
  6. Tamén da mesma obra. Comeza distinguindo entre virtude intelectual ("dianoiética") e virtude ética. Cando di que esta palabra (en grego) ten relación coa palabra "costume" é porque en grego "ethos" significa costume, morada, hábito, e de aí "ética" (en latín, de "mos", costume, ven "moral"). Logo engade que as virtudes non son por natureza, senón que se adquiren e exercitan practicando a xustiza, a moderación, etc. Di que é como pasa nas cidades, onde os lexisladores ensinan aos cidadáns certos costumes. Ou sexa, os modos de ser (valente, xusto, sincero...) nacen de actuacións semellantes (actuar con valentía con frecuencia, ou con xustiza, ou con sinceridade...). Logo, nun segundo punto de dous parágrafos, no primeiro deles advirte que esta obra ("Ética a Nicómaco") non é teórica: non se busca saber qué é a virtude, en abstracto, senón ser virtuosos para ser felices, polo que hai que investigar cómo debemos actuar. E no segundo parágrafo fálase da virtude como termo medio entre o exceso e o defecto. Este fragmento tamén o temos no noso Tema 2, pero cunha traducción distinta.
  7. O derradeiro é da "Política", e consta de dous puntos. No I di que toda comunidade (hai varias: a maior sería a "pólis" pois Aristóteles pensa como grego) apunta ao ben máis importante, que é o da cidade-estado. No II aclara que a comunidade perfecta é a cidade porque é a única que alcanza a autosuficiencia, a que permite vivir ben (felicidade). Polo que o resto de comunidades ( familia, aldea) teñen na polis o seu fin. Despois define ao home como "zoon logikón" (social, político por natureza), e distingue a vida gregaria dos animais e a súa utilización da simple "voz" ("phoné") para comunicar pracer/dor, da vida social-política dos homes baseada na "palabra" ("lógos"), que permite distinguir o ben do mal, o xusto do inxusto, e de aí que sexa posible a vida social-política. Termina aclarando unha vez máis por que a cidade está por enriba da familia ou de calquera outra comunidade. Un fragmento deste texto, o que fala da vida social e a palabra, o temos no noso Tema 2 tamén.

viernes, 14 de noviembre de 2008

Textos de Aristóteles propostos pola CIUG (curso 08-09)

Son sete, e todos eles están a túa disposición na aula, por se queres fotocopialos e non baixalos desde a rede. A forma de acceder a eles é algo diferente a como era antes (ver entrada correspondente aos textos da CIUG de Platón). Agora debes seguir estes pasos e nesta orde, por favor:
  • Escribes "CIUG" en Google ou Firefox, e entras. Ou se prefires preme agora sobre CIUG.
  • Aparecerán un montón de posibilidades. Arriba, á dereita, preme sobre "Area de Centros".
  • E agora sobre "Grupos de Traballo".
  • Neste momento busca "Últimas Actualizacións", e preme.
  • Aparecen varios rectángulos e, dentro do rectángulo de "Filosofía", premes sobre "Máis textos": aí atoparás os sete textos de Aristóteles (e os de Platón). Tamén tes os do Tema 3 (que para ti sería Agostiño, pero mellor deixao agora, pois hai problemas con dous deses textos), e os do Tema 4 (que para ti sería Maquiavelo). Os textos de Tomé (Sto. Tomás de Aquino), Ockham e Bacon, non van contigo: son opcións que nós non veremos.
De todas maneiras, repetimos que os sete textos están fotocopiados e á túa disposición na túa aula, no taboleiro.

miércoles, 12 de noviembre de 2008

martes, 11 de noviembre de 2008

Unha entrada para todos e para ninguén

"Se nos situamos na orixe (...) o que aparece como determinante para Occidente é a busca de sentido, a busca de significación. Noutras culturas (...) esa busca (...9 ten outros camiños. o camiño que determina a Occidente (...) deternínase como busca de sentido fixo e estable. Occidente nace dun momento abismal do que non sabemos absolutamente nada, do que (...) ninguén (...) pódenos dicir como se produce. ese momento é un momento de experiencia da falta de sentido, que provoca inmediatamente ese arco xigantesco que é a busca e fixación de significado que caracteriza á metafísica occidental.
"Evidentemente esa falta de sentido non pode ser interpretada como un efecto ou cataclismo humano. Nin sequera o máis cerril dos psicoanalistas podería interpretar a cultura grega desde ese punto de vista. Só pode entenderse dicindo que o sentido é apartado do humano. Non podes dicir que os humanos de repente quédanse sen sentido e empezan a poñelo eles mesmos. Fronte ao antigo, que aceptaba o sentido na árbore, o outeiro e o río, non é posible que os humanos en xeral sufran de pronto unha especie de trauma e queden sen sentido da noite á mañá. ese sentido é arrebatado, é escondido, escóndese, e ése é o nacemento de Occidente. (...) O sentido xa soamente dependerá de aquilo que nós poñamos como sentido fronte a todo o anterior, cando o sentido viña dado, estaba alí, e polo tanto a ninguén preocupáballe o sentido."

Félix de Azúa, en "Una verdad sin garantías", Archipiélago, nº 5, páx. 25; 1990

lunes, 10 de noviembre de 2008

Dinos, Aristocles, chamado Platón,...

... ¿que pensabas cando, ao atardecer, deixabala túa mirada perderse nas nubes de Siracusa...?

miércoles, 5 de noviembre de 2008

"Reality show" no Pireo

Platón, no Libro IV do diálogo República, introduce a seguinte historia para ilustrar como ás veces a cólera (ánimo, vontade, fogosidade) combate co apetito (parte concupiscible), nun momento en que o autor, por boca do seu alter ego "Sócrates", intenta distinguir as tres funcións básicas da alma humana (razón, ánimo, apetito, ente outras que non nomea):

"Leoncio, fillo de Aglaión, subía do Pireo pola parte exterior do muro do norte
cando advertíu uns cadáveres que estaban botados por terra ao lado do ver-
dugo. Comezou entonces a sentir desexos de velos , pero ao mesmo tempo re-
pugnáballe e retraíase; e así estivo loitando e cubríndose o rostro ata que, ven-
cido da súa apetencia, abríu enteiramente os ollos e, correndo cara aos mortos,
dixo: `¡Aí os tedes, malditos, saciaos do fermoso espectáculo!´
"

domingo, 2 de noviembre de 2008

Notas ao texto do "Símil da Liña" proposto pola CIUG

Días atrás advertíamos da necesidade de incluír unha serie de notas para a mellor comprensión do fragmento do Libro VI da "República" proposto este ano pola CIUG (ver entrada corespondente).
Imos aló, pois:
O texto en cuestión é de dúas páxinas na edición utilizada pola CIUG:
  • Primeira páxina: Se baixas algo chegarás a un parágrafo no que Sócrates di, despois do guión, "Deste modo: por un lado..." Tomando esta liña como a número 1, nas liñas 1-2, está falando das matemáticas, as súas hipóteses e a diánoia (pensamento discursivo, deducción). Nas liñas 3-4, sen embargo, o fai da dialéctica ascendente e da Idea de Ben ("principoi absoluto"). Nas liñas 6-11, e nas 13-17, segue falando, outra vez, das matemáticas, a diánoia, as hipóteses desa ciencia matemática...
  • Seguna páxina: As primeiras liñas, que nacen co primeiro guión, tratan da Idea de Ben ("principio de todo", "o absoluto"). E logo da dialéctica descendente ("dependen dela, descenderá ata..."). Se baixamos agora ao segundo guión ("Comprendo, pero..."), Glaucón volve sobre as matemáicas ("artes"). A última frase desta intervención pode non quedar moi clara nesta traducción, sobre todo pola expresión "estado moral dos xeómetras": a tradución en castelá da editorial Alianza, de M. Fernández Galiano, talvez sexa menos confusa ("Y creo también que a la operración de los geómetras y demás la llaman pensamiento [diánoia], pero no conocimeinto [nóesis], porque el pensamiento es algo que está entre la simple creencia [doxa] y el conocimiento [nóesis]"). Finalmente, nas liñas restantes, e baixo a extraña expresión de "catro afeccións" (da alma) refírese, por esta orde, á nóesis, diánoia, pistis e eikasía.
Todas estas liñas ou fragmentos aquí tratados son, precisamente, os máis dados a ser utilizados como unidades para comentar, e tanto a teoría das Ideas, como a teoría do coñecemento (e da reminiscencia), como a Caverna e a educación, e a teoría política, son cousas que debes ter en conta para eses comentarios, amén das referencias aos autores de sempre: Parménides, Crátilo, Sócrates, sofistas (porque son do Tema 1; se estiveramos co curso xa acabado, outros autores posteriores entrarían tamén na lista).

Platón e a lenda da Atlántida

Vídeos en YouTube sobre a Atlátida hai demasiados, e practicamente todos prescindibles ou pouco recomendables para quen confunde un vídeo humorístico con veradades metafísicas cheas de extraterrestres e frikis, cando non se trata da típica montaxe de medias verdades e suposicións collidas polos pelos presentadas como certezas, etc.
Agora ben, estre tanta tontería hai algún vídeo que outro que está ben ou moi ben, sen olvidar que sempre -calquera deles- estará cheo de especulacións e supostos non comprobados... O que aquí presentamos é bastate comedido -non sabemos se a súa continuación, xa que aquí só temos o principio, de modo que non podemos facernos responsables das seguintes partes do documental que aquí metemos-. Resulta que Platón, nos diálogos "Timeo" e "Critias", ambos do período de vellez -o "Critias" é posterior ao "Timeo", e na edición da editorial Gredos ocupa puoco máis de vinte páxinas, pois quedou talvez inconcluso-, fai referencia á lenda da Atlántida e á súa desparición. Pois iso...