lunes, 27 de octubre de 2008

Platón e a arte rupestre

Félix de Azúa é un coñecido poeta, escritor e ensaista, doctor en Filosofía e profesor de Estética na Escola deAarquitectura da Universidade Politécnica de Cataluña, a súa cidade natal. O pasado día 15 de Septembro publicou no diario El País o artigo titulado "Inicuo paso primitivo", polémico, como tantas outras cousas del, e que podes xa ler se premes no enlace anterior, no que comeza falando da arte rupestre e a aparición das imaxes na historia da humanidade, e das pouco convincentes hipóteses da orixe desa arte e desas imaxes que os investigadores propuxeron ata hoxe... Pero é que, a maiores, Azúa lévanos na segunda parte deste artigo a relacionar a representación de cabalos, mamuts ou bisontes... coa aparición, vinte e nove mil cincocentos anos máis tarde -reparemos en que Azúa escribe esta referencia cronolóxica "con letra"-... ¡do mundo das Ideas de Platón!
Ánimo. Este blog espera os vosos comentarios, críticos ou non...

martes, 21 de octubre de 2008

O vídeo da Caverna

Unha vez máis papá YouTube. Agora para buscar unha relación entre Matrix e... ¿Platón?
¿Platón? Ben, iso parece; será mellor botar unha ollada, a ver que pasa...

sábado, 18 de octubre de 2008

Textos de Platón propostos pola CIUG


Como xa foi dito na aula, este ano, como novidade, a CIUG-Filosofía propón unha serie de textos para cada un dos oito temas do curso. Os textos da Proba de Selectividade de Xuño de 2009 serán fragmentos extraídos desta selección, polo que é conveniente coñecelos .
De Platón son sete, de diferente extensión e, se queremos manter a orde cronolóxica, debemos reubicar o que aparece en último lugar, o fragmento do "Menón", como o primeiro da lista. Éste é o enlace para chegar ata os textos, e unha vez alí ("Probas de Acceso á Universidade"), terás que ir pinchando nos seguintes puntos (non houbo maneira de lograr un enlace directo e sinxelo: ¡bravo pola CIUG!): " Área de Centros" (arriba, dereita) ;" Grupos de Traballo" (no centro) ;" Últimas actualizacións "(debes baixar un poco) ; dentro do rectángulo de" Filosofía", pincha en "textos" ; ¡voilà! Podes imprimilos, opción recomendable, por motivos obvios (disponibilidade, etc.). Ímos un por un:
  • "Menón": Non é moi diferente do texto comentado xa do "Fedón" (ver páxina 1-14, arriba, e o último parágarfo da 1-7 e o primeiro da 1-8 do Tema 1) . No Tema 1 hai unha referencia a esta obra na páxina 1-7 (o "Menón" é da etapa de transición). Sobre a suposta inmortalidade da alma, ver apartado IV.3.1, parágrafo final, por favor.
  • "República", fagmento do Libro IV: O seu tema está claro desde o comezo, e non é un texto difícil: as virtudes (sabedoría, valentía, moderación, xustiza) da cidade. Falan o personaxe Sócrates (alter ego de platón) e Glaucón.
  • "República", fragmento do Libro VI: É a "pasaxe da Liña", un clásico de Platón. Ver Tema 1, páxinas 1-8 e 1-9. Advirtamos que a traducción dos termos claves desta pasaxe coinciden cos que utilizamos nós no tema 1, pero que non obstante certas expresións deste fragmento poden confundir, motivo polo cal en breve engadiremos neste blog unha serie de breves notas para evitar esa posible confusión. O maior problema deste texto é sen embargo a orde que segue, pois como é un diálogo entre Sócrates (o personaxe alter ego de Platón) e Glaucón, non van pasando de abaixo arriba un por un por cada parte da Liña, senón que agora suben, agora baixan, e así... Paciencia...
  • "República", fragmento do Libro VII: En fin, éste xa o coñeces: é a "pasaxe da Caverna", mal chamada "mito da Caverna" (que non está en linguaxe mítica o demostra o último parágrafo deste texto da CIUG). Ti xa tes este texto, e máis extenso, pois continua algo maís, pero aquí o atopas outra vez. Véase Tema 1, páxinas 1-9, 1-15, e outras...
  • "Fedro" (fragmento): Deste fragmento deste diálogo da etapa de madurez hai unha breve referencia na páxina 1-10, últimas liñas. Ten presente que é linguaxe mítica, e o que sobre isto e a suposta inmortalidade da alma se di no tema, por favor. O texto talvez resulte algo difícil de seguir nunha primeira lectura, pero nada máis.
  • "Timeo" (fragmento): Parte deste texto o tes na fotocopia A-3 (é o texto que está acompañado dun comentario completo mecanografiado). Fala o personaxe Timeo, e fala en linguaxe mítica. Debes ter en conta fundamentalmente o apartado IV.2 do Tema 1, así como o dito de Anaxágoras e de Demócrito, e o que diremos de Aristóteles no futuro...
  • "Carta VII": Non é un fragmento largo, nin tampoco de dificultosa lectura. Máis ben o contrario. A morte de Socrates, a inexistencia de goberno algún aceptable, a necesidade de pensar nun Estado gobernado por persoas realmente preparadas...

domingo, 12 de octubre de 2008

Textos de presocráticos


"De onde as cousas teñen orixe, cara alí ten lugar tamén o seu perecer [segundo a necesidade]; pois dan xustiza e (dan) pago unhas ás outras da inxustiza segundo a orde do tempo."
Anaximandro (aprox. 610-545 a.C.)

B 50 "Prestando atención non a min, senón ao logos, ten lugar acordo, (isto é) saber [sofón], (isto é:) un: todo."
B 53 "(A) guerra é pai de todo, de todo é rei, e a uns fai aparecer como deuses, a outros como homes, a outros fai escravos, a outros libres."
B 123 "O saír á luz ama ao ocultamento."

B 124 "Como po espallado ao azar (é) o cosmos, o máis fermoso."
Heráclito (VI-V a.C.)

B 3 "Pois o mesmo é pensar e ser."
B 8 "Queda un só dicir do camiño: que é; sobre ese camiño hai múltiples sinais: que, sendo non nacido, é tamén non perecedeiro, pois é de membros intactos, e sen tremor e sen final; nunca era nin será, posto que é agora todo á vez, un, contínuo, pois ¿que nacemento del buscarás?, ¿como e de onde creceu?; non te permitiréi dicir nin pensar que do non-ser, pois nin dicir se pode nin pensar que non é. E ¿que necesidade teríao empuxado, antes ou despois, partindo da nada, a ser?"
Parménides (VI-V a.C.)

Actividades: Propoñemos as seguintes: podes intentar facer unha, varias... ou ningunha, claro:
  • Volve a dicir o que din estes textos, pero coas túas palabras.
  • Céntrate no texto de Anaximandro e trata de explicalo, tendo en conta a noción de fysis, o que sabes dos milesios, do monismo, dos outros presocráticos... (¿Hai algún parecido con Heráclito? ¿Que diría Parménides deste texto? ¿E os pluralistas?, etc.).
  • O mesmo, pero cos textos de Heráclito.
  • Ídem, pero cos textos de Parménides.
  • Trata de poñer en relación (semellanzas, diferencias) os tres autores partindo dos textos aquí reporducidos, e facendo referencia a eles, ás súas frases e exprexións.

Mapa, esquema e vídeo

Nesta entrada ofrecemos a posibiliade de botar unha ollada a un mapa da Grecia antiga (fonte: "Logos, así habló... Filosofía antigua", IES, " M. de Falla", de Coslada)...

...e a un esquema no que podes ver información sobre filósofos gregos, escolas e datas (fonte: Wikipedia). Non obstante, tendo en conta que, lamentablemente, saen reproducidos ambos en tamaño demasiado pequeno, pincha aquí para velo mapa mellor, e pincha agora aquí se desexas velo esquema a maior tamaño...
Claro que tes outra posibilidade: este vídeo de YouTube titulado "Descripción de la Grecia antigua":

Actividades: Podes intentar localizar no mapa as polis dos diferentes autores xa visos...

sábado, 11 de octubre de 2008

¿Nihilismo?, ¿que nihilismo?


" La vida es una canción estúpida
que se repite día a día
diciéndome al oído: soy absurda
soy la absurda flor de la vida
sobre la que cae la ceniza
y el papel se puebla de insectos
y la babosa moja con su baba la vida."

Danza de la muerte, 2004

"Ah el río
el río insomne de la vida
no soy cucaracha, sino rana
devota de la nada,
devota del poema
que se escribe como un látigo contra el hombre
como el dolor del pensamiento
como el sufrir de la nada."

Danza de la muerte, 2004


Éstes son dous breves poemas de Leopoldo María Panero . Fai tempo xa, falando do século XIX, de Nietzsche, do nihilismo, chegou un momento no que fixemos unha referencia a este poeta. Non eran éstes os poemas que tiña pensado un introducir aquí, senón outro, pero será mellor deixalo como está... (É probable que Bunbury teña algunha versión dalgunha cousa de Panero colgada na rede...).

TEMA 1

Damos comezo aquí a unha serie de entradas dedicadas ou relacionadas dalgún modo co Tema 1 (Grecia, Platón).
Utilizaremos o sistema das "etiquetas" para crear a menor confusión posible, e así poder distinguir os textos de Platón, por exemplo, dos de outros autores, ou ben dos textos complemen-
tarios non tan... "académicos". Polo tanto, na medida que o número de entradas vaia en aumento, deberás orientarte por esas etiquetas ("Platón", "outros autores", etc.).

viernes, 10 de octubre de 2008

Presentación


Benvidos. Éste é o blog de Fil. II. Nel poderás atopar textos dos autores principais, textos complementarios, actividades, material diverso, etc. Intentaremos conseguir que chegue a ser un modo de estar en comunicación entre nós, que resulte útil e que sexa axil.
Para intoducir os vosos comentarios non é imprescindible ter unha conta: basta con escribilo, reproducir a combinación de letras de seguridade (anti-spam), e pinchar no circuliño que di "anónimo". O teu nome, iniciais, etc., podes incluílo ao final do comentario.
Recorda que se non tes posibilidade de entrar en Internat desde a túa casa, sempre podes recurir aos ordenadores da biblioteca...