"De onde as cousas teñen orixe, cara alí ten lugar tamén o seu perecer [segundo a necesidade]; pois dan xustiza e (dan) pago unhas ás outras da inxustiza segundo a orde do tempo."
Anaximandro (aprox. 610-545 a.C.)
B 50 "Prestando atención non a min, senón ao logos, ten lugar acordo, (isto é) saber [sofón], (isto é:) un: todo."
B 53 "(A) guerra é pai de todo, de todo é rei, e a uns fai aparecer como deuses, a outros como homes, a outros fai escravos, a outros libres."
B 123 "O saír á luz ama ao ocultamento."
B 124 "Como po espallado ao azar (é) o cosmos, o máis fermoso."

Heráclito (VI-V a.C.)
B 3 "Pois o mesmo é pensar e ser."
B 8 "Queda un só dicir do camiño: que é; sobre ese camiño hai múltiples sinais: que, sendo non nacido, é tamén non perecedeiro, pois é de membros intactos, e sen tremor e sen final; nunca era nin será, posto que é agora todo á vez, un, contínuo, pois ¿que nacemento del buscarás?, ¿como e de onde creceu?; non te permitiréi dicir nin pensar que do non-ser, pois nin dicir se pode nin pensar que non é. E ¿que necesidade teríao empuxado, antes ou despois, partindo da nada, a ser?"

Parménides (VI-V a.C.)
Actividades: Propoñemos as seguintes: podes intentar facer unha, varias... ou ningunha, claro:
- Volve a dicir o que din estes textos, pero coas túas palabras.
- Céntrate no texto de Anaximandro e trata de explicalo, tendo en conta a noción de fysis, o que sabes dos milesios, do monismo, dos outros presocráticos... (¿Hai algún parecido con Heráclito? ¿Que diría Parménides deste texto? ¿E os pluralistas?, etc.).
- O mesmo, pero cos textos de Heráclito.
- Ídem, pero cos textos de Parménides.
- Trata de poñer en relación (semellanzas, diferencias) os tres autores partindo dos textos aquí reporducidos, e facendo referencia a eles, ás súas frases e exprexións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario