jueves, 7 de mayo de 2009

Sobre os textos II, III, IV, V e VI de Nietzsche propostos pola CIUG

Ao xa dito con anterioridade sobre os textos de Nietzsche e sobre o primeiro deles, engadimos agora certas aclaracións acerca dos restantes para facilitar a súa preparación de cara á PAAU. Seguimos a numeración da CIUG:
  • Texto II: Fragmento de "A gaia ciencia". Foi lido e comentado na aula. Ten moita relación co texto I e co IV, e tamén co III. Neste texto II está, de fondo, a crítica de Nietzsche á filosofía occidental orixinada no platonismo e a creación dos dous mundos. Tamén, a morte de Deus e a noción nietzscheana da verdade como ficción útil ou perspectivismo, en contraposición á prenietzschena. A partir do renglón once ("Deste xeito a cuestión..."), o autor arremete co que ao principio de noso Tema 7 dimos en chamar "cientifismo", que segundo Nietzsche sería caer de novo, noutra versión, no vello erro de orixe platónica: os dous mundos, a meta-física. (Lembra: no é o mesmo ciencia que cientifismo. Repasa o apartado 1 do Tema 7).
  • Texto III: Tamén visto na aula, este texto, moi coñecido, fala da teoría da verdade de Nietzsche en relación coa linguaxe. Tamén ten relación, por descontado coa crítica de Nietzsche á filosofía occidental, e coa morte de Deus, polo tanto.
  • Texto IV: Este texto está tomado dos escritos atopados de Nietzsche despois da súa morte. Non é propiamente "unha obra", por tanto. Comeza falando do nihilismo entendido como a falta de crenza no mundo metafísico. ¿Cal sería a causa desa falta de fe?: o erro platónico consistinte en considerar un fraude a única realidade segundo Nietzsche: o devir. A partir do segundo parágrafo, Nietzsche explica por que os termos-conceptos-categorías de "fin" ("telos", finalidade, sentido, se queres), "unidade" (por enriba do continuo fluir do devir) ou "verdade" (en sentido prenietzscheano) non son lícitos para explicar o devir. Nas derradeiras liñas afirma que estes conceptos-termos deben ser entendidos desde a súa teoría da verdade como ficcións útiles para o dominio do devir (vontade de poder...), pero que tales conceptos-ficcións útiles serían "erradamente proxectadas na esencia das cousas". É dicir, o erro consistiría en consideralos "Verdades Obxectivas", non ficcións ou perspectivas. Polo tanto, o nihilismo, os dous mundos, a crítica á filosofía occidental, a morte de Deus, a teoría nietzscheana da verdade, están presentes neste texto.
  • Texto V: Fragmento do seu libro autobiográfico -e a ratos humorístico, pero iso non o digas na PAAU- "Ecce Homo". ¿E de que fala? De si mesmo e da importancia do seu pensamento, e das consecuencias que terá... Deixa claro xa ao comezo que fala para individuos, nunca para masas. Pasa logo a referirse á "transmutación de todos os valores" (transvaloración, cambio de valores). E da verdade... E remata cunha referencia á "gran política": a chegada do ultrahome (superhome), a asunción da morte de Deus por certos individuos, o "amor fati", a filedidade á terra...
  • Texto VI: Un famosísimo paragrafo de "A gaia ciencia" sobre o eterno retorno. O texto é inolvidable, e un dos máis coñecidos de Nietzsche. En tanto que fala do eterno retorno, cabe relacionalo cun montón de cousas: morte de Deus, devir, crítica á filosofía occidental, verdade como ficción, vontade de poder e mundo, etc.

No hay comentarios: