martes, 16 de junio de 2009

Da "Revista de Occidente" e doutras revistas culturais

Dedicaremos esta entrada a falar das chamadas "revistas culturais" que tratan sobre diferentes aspectos da cultura... É difícil para nós dar cunha definición adecuada, sinxela e pertinente sobre tales publicacións. Son, en calquera caso, publicacións, polo regular pouco coñecidas polo gran público, con artigos de certo nivel escritos por investigadores, científicos, filósofos, etc., e non polo regular por periodistas. Non buscan tanto as novas ou os acontecementos últimos, como un tratamento más repousado e reflexivo sobre temas nos que esa revista está especializada: arte, política, ciencias sociais, ciencias, teatro, literatura, etc. Hoxe hai un montón delas que podes atopar con relativa facilidade na rede. Pódense atopar tamén en librerías e en bibliotecas públicas, na sección de hemeroteca (é difícil poder levalas para casa, pero soe haber un servicio de fotocopiadora na propia biblioteca que permite reprografiar o artigo do teu interese.
Pero agora estamos con Ortega, e por iso cremos obrigado falar da revista fundada por el e que segue existindo: a coñecida "Revista de Occidente", nacida en 1923. Aquí, se premes, podes ver o sumario do número do mes de Abril deste ano. Cada exemplar trata un tema determinado do que hai varios artigos de varios investigadores, científicos, etc., e logo unha serie de artigos sobre outros temas, así como reseñas de libros, discos, etc. A revista leva unha serie de viñetas distribuidas por varias páxinas que polo regular son obra dun só artista e que non soen ter relación co tema dominante nese exemplar. O aspecto desta publicación e o seu tamañao é o do un libro de tapas blandas.
Podemos agora engadir algún título máis deste tipo de revistas que, unha vez na universidade, serán para ti cada vez máis útiles e imprescindibles, se queres profundizar en certos temas relacionados directa ou indirectamente cos teus estudos e se queres ir máis alá da información rápida e máis ou menos convencional ofrecida por diarios ou semanais:
  • Revista "Archipiélago": Non tan coñecida como "Revista de Occidente" pero que non ten nada que envexar á fundada por Ortega, desde logo. Tal vez é algo máis defícil de conseguir, pero tampouco moito. Aquí tes, se premes, información sobre os números publicados. Soen ser exemplares que versan sobre un determinado tema (ecoloxía, xustiza, política, educación,cine, certo autor, filosofía, etc.), con variosn artigos ou entrevistas sobre iso, e a maiores máis artigos e reseñas sotre outros temas e libros. Moi boa. Aquí tes o sumario do número dobre 26-27.
  • Revista "Claves de Razón Práctica", vinculada ao diario "El País", a súa vez vinculado coa familia de Ortega y Gasset, por certo. Aquí tes un enlace para ler algo sobre ela.
  • "Revista de Libros": Non é só de literatura. Abórdanse cuestiós sobre ciencias sociais, ciencias naturais, literatura, arte, historia, política, música... O seu aspecto é similar ao dun diario, pero non o é, e mantén un moi digno nivel. Preme aquí para obter máis información.
  • A revista "Qiuimera" é unha das máis importantes revistas de literatura do noso país. Preme aquí para seguir lendo sobre ela.
  • ¿Pode unha revista como "Investigación y Ciencia" ser considerada como revista cultural? Pensamos que si. ¿As ciencias non son cultura?
  • Revista "Mundo Científico": preme aquí.
  • Revista "Lateral": é unha revista cultural de periodicidade mensual. Preme aquí para botar unha ollada aos sumarios dos números anteriores, o que dará unha idea dos contidos habituais desta publicación: cómic, novela, historia, cine, periodismo, arte, poesía, política, traducción, etc.
E, claro, tantas outras que podes atopar tanto na rede (cada vez máis...), como en librerías dun certo nivel, como en bibliotecas públicas: de historia, de socioloxía, de ciencias naturai, de arte, de cine, etc. Visita as hemerotecas das bibliotecas, con tempo. E boa caza...

2 comentarios:

kAr dijo...

A revista ``Archipíelago´´ DESAPARECE por falta de fondos e axudas, iso é o que di na que foi a sua última publicación de marzo.

Enlace:http://archipielago-ed.com/83-84/hasta_aqui.html

Aínda que seguiran na hemeroteca das biblotecas as publicacións anteriores, a revista como tal xa non existe ... non ?¿

Sarinsky dijo...

Vaya!! por fin he encontrado el blog...
Intentaré seguirlo si no me pierdo demasiado jájá (no prometo nada...)

Saludos!