
viernes, 19 de diciembre de 2008
jueves, 18 de diciembre de 2008
The last picture show
(Cando a nova da morte de Alexandre, en 323 a. C., chegou finalmente a Atenas, os sentimentos antimacedónicos fixeron que Aristóteles, con coñecidas conexiones con Macedonia en xeral, e con Alexandre en particular, fose visto como sospeitoso e branco das iras da poboación. Para impedir que os atenienses "pecaran de novo contra a filosofía", como dixo o propio Aristóteles tendo en mente o caso de Sócrates, deixou a cidade e a súa querida escola -foi Teofrasto o seu continuador nela-, fuxindo coa súa familia a Calcis (Calcidia), na illa de Eubea (neste enlace podes ver nun mapa Atenas, Eubea en rosa, e Calcis-Chalkida nun cadrado verde), fortaleza de influencia macedónica onde o filósofo vivíu nas propiedades que recibira da súa defunta nai, morrendo no 322 aos sesenta e dous ou sesenta e tres anos...).
Fuxira por mar, desde o porto ateniense do Pireo, ou primeiramente por terra, para coller máis tarde o barco cara a Calcis, a un tiro de pedra da costa continental, tal día ou tal outro tivo que ser o último, a última ocasión na que o estaxirita puidera contemplar a cidade á que chegara aos dezaoito anos, a cidade da Academia, a cidade do seu mestre e amigo Aristocles, e de tantos outros amigos e lazos sentimentais... Talvez nese día, nese momento, era consciente de que toda unha época chegaba ao seu fin..., ou talvez soamente tiña a mente para pensar en todo o que perdía irremediablemente, e dada a súa idade e saúde, para sempre: o Liceo, a biblioteca, os arquivos persoais, os colaboradores e amigos...
Para sempre.

Para sempre.
jueves, 11 de diciembre de 2008
"Eudaimonía", con K

"(..) La felicidad debe ser, pues, una actividad de acuerdo con la virtud. (...) Hemos aprendido también que la sabiduría teórica es superior a la práctica, y que al menos una parte del valor de ésta última consiste en que ayuda a producir la primera. Es evidente que para Aristóteles la contemplación es el principal ingrediente de la felicidad, pero no es tan evidente si la acción moral constituye otro elemento de la felicidad o sólo un medio para obtenerla. (...) La felicidad (...) debe ser una actividad de acuerdo con la virtud de la mejor parte de nosotros mismos, es decir, de la razón. La actividad que constituye la felicidad es teorética. Es la mejor actividad de que somos capaces, (...) acerca de los mejores entre todos los objetos: los que son eternos e inmortales (...); es el género de vida que debemos atribuir a los dioses, porque sería absurdo atribuirles una vida moral. Pero la vida contemplativa es demasiado elevada para nosotros, no podemos vivirla en tanto que hombres, es decir, en tanto que seres compuestos de cuerpo, alma irracional [vexetativa e sensitiva] y de razón, sino solamente en virtud del elemento divino que está en nosotros. No debemos , sin embargo, seguir a aquellos que dicen que, en tanto que hombres, debemos preocuparnos sólo de las cosas humanas; debemos, en la medida de lo posible, "asirnos a la vida eterna" viviendo la vida de esta parte de nosotros mismos que, no obstante es pequeña, es la mejor de nosotros y lo más verdaderamente nosotros mismos. Quien vive así es el hombre más feliz.
No es, sin embargo, el único hombre feliz. La vida de la virtud moral y de la sabiduría práctica, relacionándose como lo hace con los sentimientos que derivan de nuestra naturaleza corporal, es la vida de todo el conjunto de este ser compuesto que es el hombre, y de una felicidad que se puede llamar "la felicidad humana". El papel asignado por Aristóteles a la vida moral, parece ser, pues, doble: 1) constituye una forma secundaria de la felicidad, en la cual debemos recaer porque no somos todo razón y no podemos vivir siempre en el plano de la vida contemplativa. Y 2) nos ayuda a llegar a la forma más elevada de la felicidad. Aristóteles dice muy poco acerca de cómo se produce esta ayuda. (...) Consideraba la acción moral como favorable a la actividad intelectual por la sujeción de las pasiones. Pero aunque su teoría formal subordina la vida moral a la vidaintelectual, nunca explica en detalle esta relación. Cuando Aristóteles estudia las actividades morales , las trata como buenas en sí mismas, y al agente moral como si no tuviera otros motivos que la nobleza misma del acto. En efecto, atribuye a la vida moral más valor del que se desprende de su teoría formal."
En definitiva:
- Quedámonos coa dúbida.
- Queda bastante claro que, unha vez máis, a pregunta era... bastante boa.
Etiquetas:
ARISTÓTELES,
TEMA 2,
TEXTOS COMPLEMENTARIOS
jueves, 27 de noviembre de 2008
sábado, 15 de noviembre de 2008
Sobre os sete textos de Aristóteles (2008-09)

- O primeiro é da "Física", é breve e trata dos entes do mundo sublunar. Di que nos entes físicos ou naturais ( catro elementos, cousas naturais non vivas, seres vivos) a natureza é principio de movemento e repouso (xa sabes: potencia acto, materia, forma, "telos" inmanente..). A éstes Aristóteles opón os entes artificiais (camas, barcos, etc.).
- Outro da "Física": trata das catro causas. No parágrafo I podes ler: "(...) as causas (...) xeración e a destrución e con todo cambio natural". No parágrafo II, vemos: (a) causa material ou materia; (b) causa formal ou forma; (c) causa axente ou eficiente ou motora ou motor; (d) causa final ("telos"). Este texto, recortado dun xeito non moi distinto, o temos incluído no noso Tema 2.
- Tamén da "Física", pero cunha traducción que pode despistar. No parágrafo I di que se a natureza é principio de movemento e repouso, debemos saber qué é movemento. Ao comezo do II o di: "a actualidade do potencial" (acto do que é en potencia). A continuación fala dos catro tipos de movemento: o sustancial e o accidental, que á súa vez subdivídese en tres (cualitativo, cuantitativo e local). O que pasa é que no texto aparecen nesta extraña orde: cualitativo ("alteración"), cuantitativo ("aumentar", "diminuír"), sustancial ("a xénese e a destrución") e local ("translación"). Como antes, temos este texto incluído no noso Tema 2, pero recortado dun xeito algo diferente. E desde logo con outra traducción, naturalmente.
- É da "Ética a Nicómaco" (lembra que para Aristóteles a ética está incluída na política), e consta de tres parágrafos numerados como 1, 2 e 4. O nº1 é o de menor interese, e ven dicir que cada arte, investigación, acción ou elección tende a algún ben. Como hai moitas accións, artes, ciencias, tamén hai moitos fins. E os fins das principais son preferibles ás das subordinadas. O nº2 xa fala da política: se hai un fin dos nosos actos que queiramos por si mesmo, ése sería o mellor. Polo que é fundamental para a nosa vida coñecelo. E por tanto coñecer tamén a que ciencia ou facultade corresponde: a política ( a retórica, a extratexia e a economía dependen dela). E como o fin ("telos") do individuo e o da cidade son o mesmo, será máis grande o desta. Finalmente, o nº4, que é o que leva máis dentro de si, di que o ben ao que tende a política é a felicidade (benestar, "eudaimonía"), vivir e obrar ben. Pero non hai acordo entre as persoas respecto a qué é a felicidade. "Pero algúns cren que ademais de toda esta abundancia de bens, hai outro que existe de seu e que é a causa de que todos aqueles sexan bens". Sinala despois que hai que comezar polas cousas máis fáciles de coñecer para nós, e que, polo tanto, sobre a política o home debe guiarse polos costumes. E partindo dese punto, poderá dar despois cos princios.
- Outro da mesma obra: a felicidade é o mellor, pero para saber e qué consiste hai que saber cal é a función (natural) do home; a propia ou específica del. E non pode ser nin vivir a secas, nin ter alma vexetativa, nin a sensitiva, pois todo iso o comparte con moitos seres vivos. Así que ten que ser o relacionado coa alma racional ("logos": razón, palabra). Polo tanto, a actividade propia do home é a da alma conforme á razón, e o seu ben, a que é de acordo coa virtude, ou virtudes. Tamén temos un texto no noso Tema 2 que é unha parte deste.
- Tamén da mesma obra. Comeza distinguindo entre virtude intelectual ("dianoiética") e virtude ética. Cando di que esta palabra (en grego) ten relación coa palabra "costume" é porque en grego "ethos" significa costume, morada, hábito, e de aí "ética" (en latín, de "mos", costume, ven "moral"). Logo engade que as virtudes non son por natureza, senón que se adquiren e exercitan practicando a xustiza, a moderación, etc. Di que é como pasa nas cidades, onde os lexisladores ensinan aos cidadáns certos costumes. Ou sexa, os modos de ser (valente, xusto, sincero...) nacen de actuacións semellantes (actuar con valentía con frecuencia, ou con xustiza, ou con sinceridade...). Logo, nun segundo punto de dous parágrafos, no primeiro deles advirte que esta obra ("Ética a Nicómaco") non é teórica: non se busca saber qué é a virtude, en abstracto, senón ser virtuosos para ser felices, polo que hai que investigar cómo debemos actuar. E no segundo parágrafo fálase da virtude como termo medio entre o exceso e o defecto. Este fragmento tamén o temos no noso Tema 2, pero cunha traducción distinta.
- O derradeiro é da "Política", e consta de dous puntos. No I di que toda comunidade (hai varias: a maior sería a "pólis" pois Aristóteles pensa como grego) apunta ao ben máis importante, que é o da cidade-estado. No II aclara que a comunidade perfecta é a cidade porque é a única que alcanza a autosuficiencia, a que permite vivir ben (felicidade). Polo que o resto de comunidades ( familia, aldea) teñen na polis o seu fin. Despois define ao home como "zoon logikón" (social, político por natureza), e distingue a vida gregaria dos animais e a súa utilización da simple "voz" ("phoné") para comunicar pracer/dor, da vida social-política dos homes baseada na "palabra" ("lógos"), que permite distinguir o ben do mal, o xusto do inxusto, e de aí que sexa posible a vida social-política. Termina aclarando unha vez máis por que a cidade está por enriba da familia ou de calquera outra comunidade. Un fragmento deste texto, o que fala da vida social e a palabra, o temos no noso Tema 2 tamén.
Etiquetas:
ARISTÓTELES,
CIUG-PAAU,
TEMA 2,
TEXTOS DE ARISTÓTELES
viernes, 14 de noviembre de 2008
Textos de Aristóteles propostos pola CIUG (curso 08-09)

- Escribes "CIUG" en Google ou Firefox, e entras. Ou se prefires preme agora sobre CIUG.
- Aparecerán un montón de posibilidades. Arriba, á dereita, preme sobre "Area de Centros".
- E agora sobre "Grupos de Traballo".
- Neste momento busca "Últimas Actualizacións", e preme.
- Aparecen varios rectángulos e, dentro do rectángulo de "Filosofía", premes sobre "Máis textos": aí atoparás os sete textos de Aristóteles (e os de Platón). Tamén tes os do Tema 3 (que para ti sería Agostiño, pero mellor deixao agora, pois hai problemas con dous deses textos), e os do Tema 4 (que para ti sería Maquiavelo). Os textos de Tomé (Sto. Tomás de Aquino), Ockham e Bacon, non van contigo: son opcións que nós non veremos.
Etiquetas:
ARISTÓTELES,
CIUG-PAAU,
TEMA 2,
TEXTOS DE ARISTÓTELES
miércoles, 12 de noviembre de 2008
martes, 11 de noviembre de 2008
Unha entrada para todos e para ninguén

"Evidentemente esa falta de sentido non pode ser interpretada como un efecto ou cataclismo humano. Nin sequera o máis cerril dos psicoanalistas podería interpretar a cultura grega desde ese punto de vista. Só pode entenderse dicindo que o sentido é apartado do humano. Non podes dicir que os humanos de repente quédanse sen sentido e empezan a poñelo eles mesmos. Fronte ao antigo, que aceptaba o sentido na árbore, o outeiro e o río, non é posible que os humanos en xeral sufran de pronto unha especie de trauma e queden sen sentido da noite á mañá. ese sentido é arrebatado, é escondido, escóndese, e ése é o nacemento de Occidente. (...) O sentido xa soamente dependerá de aquilo que nós poñamos como sentido fronte a todo o anterior, cando o sentido viña dado, estaba alí, e polo tanto a ninguén preocupáballe o sentido."
lunes, 10 de noviembre de 2008
miércoles, 5 de noviembre de 2008
"Reality show" no Pireo

"Leoncio, fillo de Aglaión, subía do Pireo pola parte exterior do muro do norte
cando advertíu uns cadáveres que estaban botados por terra ao lado do ver-
dugo. Comezou entonces a sentir desexos de velos , pero ao mesmo tempo re-
pugnáballe e retraíase; e así estivo loitando e cubríndose o rostro ata que, ven-
cido da súa apetencia, abríu enteiramente os ollos e, correndo cara aos mortos,
dixo: `¡Aí os tedes, malditos, saciaos do fermoso espectáculo!´"
cando advertíu uns cadáveres que estaban botados por terra ao lado do ver-
dugo. Comezou entonces a sentir desexos de velos , pero ao mesmo tempo re-
pugnáballe e retraíase; e así estivo loitando e cubríndose o rostro ata que, ven-
cido da súa apetencia, abríu enteiramente os ollos e, correndo cara aos mortos,
dixo: `¡Aí os tedes, malditos, saciaos do fermoso espectáculo!´"
domingo, 2 de noviembre de 2008
Notas ao texto do "Símil da Liña" proposto pola CIUG

Imos aló, pois:
O texto en cuestión é de dúas páxinas na edición utilizada pola CIUG:
- Primeira páxina: Se baixas algo chegarás a un parágrafo no que Sócrates di, despois do guión, "Deste modo: por un lado..." Tomando esta liña como a número 1, nas liñas 1-2, está falando das matemáticas, as súas hipóteses e a diánoia (pensamento discursivo, deducción). Nas liñas 3-4, sen embargo, o fai da dialéctica ascendente e da Idea de Ben ("principoi absoluto"). Nas liñas 6-11, e nas 13-17, segue falando, outra vez, das matemáticas, a diánoia, as hipóteses desa ciencia matemática...
- Seguna páxina: As primeiras liñas, que nacen co primeiro guión, tratan da Idea de Ben ("principio de todo", "o absoluto"). E logo da dialéctica descendente ("dependen dela, descenderá ata..."). Se baixamos agora ao segundo guión ("Comprendo, pero..."), Glaucón volve sobre as matemáicas ("artes"). A última frase desta intervención pode non quedar moi clara nesta traducción, sobre todo pola expresión "estado moral dos xeómetras": a tradución en castelá da editorial Alianza, de M. Fernández Galiano, talvez sexa menos confusa ("Y creo también que a la operración de los geómetras y demás la llaman pensamiento [diánoia], pero no conocimeinto [nóesis], porque el pensamiento es algo que está entre la simple creencia [doxa] y el conocimiento [nóesis]"). Finalmente, nas liñas restantes, e baixo a extraña expresión de "catro afeccións" (da alma) refírese, por esta orde, á nóesis, diánoia, pistis e eikasía.
Etiquetas:
CIUG-PAAU,
PLATÓN,
TEMA 1,
TEXTOS DE PLATÓN
Platón e a lenda da Atlántida
Vídeos en YouTube sobre a Atlátida hai demasiados, e practicamente todos prescindibles ou pouco recomendables para quen confunde un vídeo humorístico con veradades metafísicas cheas de extraterrestres e frikis, cando non se trata da típica montaxe de medias verdades e suposicións collidas polos pelos presentadas como certezas, etc.
Agora ben, estre tanta tontería hai algún vídeo que outro que está ben ou moi ben, sen olvidar que sempre -calquera deles- estará cheo de especulacións e supostos non comprobados... O que aquí presentamos é bastate comedido -non sabemos se a súa continuación, xa que aquí só temos o principio, de modo que non podemos facernos responsables das seguintes partes do documental que aquí metemos-. Resulta que Platón, nos diálogos "Timeo" e "Critias", ambos do período de vellez -o "Critias" é posterior ao "Timeo", e na edición da editorial Gredos ocupa puoco máis de vinte páxinas, pois quedou talvez inconcluso-, fai referencia á lenda da Atlántida e á súa desparición. Pois iso...
Agora ben, estre tanta tontería hai algún vídeo que outro que está ben ou moi ben, sen olvidar que sempre -calquera deles- estará cheo de especulacións e supostos non comprobados... O que aquí presentamos é bastate comedido -non sabemos se a súa continuación, xa que aquí só temos o principio, de modo que non podemos facernos responsables das seguintes partes do documental que aquí metemos-. Resulta que Platón, nos diálogos "Timeo" e "Critias", ambos do período de vellez -o "Critias" é posterior ao "Timeo", e na edición da editorial Gredos ocupa puoco máis de vinte páxinas, pois quedou talvez inconcluso-, fai referencia á lenda da Atlántida e á súa desparición. Pois iso...
lunes, 27 de octubre de 2008
Platón e a arte rupestre

Ánimo. Este blog espera os vosos comentarios, críticos ou non...
martes, 21 de octubre de 2008
O vídeo da Caverna
Unha vez máis papá YouTube. Agora para buscar unha relación entre Matrix e... ¿Platón?
¿Platón? Ben, iso parece; será mellor botar unha ollada, a ver que pasa...
¿Platón? Ben, iso parece; será mellor botar unha ollada, a ver que pasa...
sábado, 18 de octubre de 2008
Textos de Platón propostos pola CIUG

Como xa foi dito na aula, este ano, como novidade, a CIUG-Filosofía propón unha serie de textos para cada un dos oito temas do curso. Os textos da Proba de Selectividade de Xuño de 2009 serán fragmentos extraídos desta selección, polo que é conveniente coñecelos .
De Platón son sete, de diferente extensión e, se queremos manter a orde cronolóxica, debemos reubicar o que aparece en último lugar, o fragmento do "Menón", como o primeiro da lista. Éste é o enlace para chegar ata os textos, e unha vez alí ("Probas de Acceso á Universidade"), terás que ir pinchando nos seguintes puntos (non houbo maneira de lograr un enlace directo e sinxelo: ¡bravo pola CIUG!): " Área de Centros" (arriba, dereita) ;" Grupos de Traballo" (no centro) ;" Últimas actualizacións "(debes baixar un poco) ; dentro do rectángulo de" Filosofía", pincha en "textos" ; ¡voilà! Podes imprimilos, opción recomendable, por motivos obvios (disponibilidade, etc.). Ímos un por un:
- "Menón": Non é moi diferente do texto comentado xa do "Fedón" (ver páxina 1-14, arriba, e o último parágarfo da 1-7 e o primeiro da 1-8 do Tema 1) . No Tema 1 hai unha referencia a esta obra na páxina 1-7 (o "Menón" é da etapa de transición). Sobre a suposta inmortalidade da alma, ver apartado IV.3.1, parágrafo final, por favor.
- "República", fagmento do Libro IV: O seu tema está claro desde o comezo, e non é un texto difícil: as virtudes (sabedoría, valentía, moderación, xustiza) da cidade. Falan o personaxe Sócrates (alter ego de platón) e Glaucón.
- "República", fragmento do Libro VI: É a "pasaxe da Liña", un clásico de Platón. Ver Tema 1, páxinas 1-8 e 1-9. Advirtamos que a traducción dos termos claves desta pasaxe coinciden cos que utilizamos nós no tema 1, pero que non obstante certas expresións deste fragmento poden confundir, motivo polo cal en breve engadiremos neste blog unha serie de breves notas para evitar esa posible confusión. O maior problema deste texto é sen embargo a orde que segue, pois como é un diálogo entre Sócrates (o personaxe alter ego de Platón) e Glaucón, non van pasando de abaixo arriba un por un por cada parte da Liña, senón que agora suben, agora baixan, e así... Paciencia...
- "República", fragmento do Libro VII: En fin, éste xa o coñeces: é a "pasaxe da Caverna", mal chamada "mito da Caverna" (que non está en linguaxe mítica o demostra o último parágrafo deste texto da CIUG). Ti xa tes este texto, e máis extenso, pois continua algo maís, pero aquí o atopas outra vez. Véase Tema 1, páxinas 1-9, 1-15, e outras...
- "Fedro" (fragmento): Deste fragmento deste diálogo da etapa de madurez hai unha breve referencia na páxina 1-10, últimas liñas. Ten presente que é linguaxe mítica, e o que sobre isto e a suposta inmortalidade da alma se di no tema, por favor. O texto talvez resulte algo difícil de seguir nunha primeira lectura, pero nada máis.
- "Timeo" (fragmento): Parte deste texto o tes na fotocopia A-3 (é o texto que está acompañado dun comentario completo mecanografiado). Fala o personaxe Timeo, e fala en linguaxe mítica. Debes ter en conta fundamentalmente o apartado IV.2 do Tema 1, así como o dito de Anaxágoras e de Demócrito, e o que diremos de Aristóteles no futuro...
- "Carta VII": Non é un fragmento largo, nin tampoco de dificultosa lectura. Máis ben o contrario. A morte de Socrates, a inexistencia de goberno algún aceptable, a necesidade de pensar nun Estado gobernado por persoas realmente preparadas...
Etiquetas:
CIUG-PAAU,
PLATÓN,
TEMA 1,
TEXTOS DE PLATÓN
domingo, 12 de octubre de 2008
Textos de presocráticos

"De onde as cousas teñen orixe, cara alí ten lugar tamén o seu perecer [segundo a necesidade]; pois dan xustiza e (dan) pago unhas ás outras da inxustiza segundo a orde do tempo."
Anaximandro (aprox. 610-545 a.C.)
B 50 "Prestando atención non a min, senón ao logos, ten lugar acordo, (isto é) saber [sofón], (isto é:) un: todo."
B 53 "(A) guerra é pai de todo, de todo é rei, e a uns fai aparecer como deuses, a outros como homes, a outros fai escravos, a outros libres."
B 123 "O saír á luz ama ao ocultamento."
B 124 "Como po espallado ao azar (é) o cosmos, o máis fermoso."
B 53 "(A) guerra é pai de todo, de todo é rei, e a uns fai aparecer como deuses, a outros como homes, a outros fai escravos, a outros libres."
B 123 "O saír á luz ama ao ocultamento."
B 124 "Como po espallado ao azar (é) o cosmos, o máis fermoso."
Heráclito (VI-V a.C.)
B 3 "Pois o mesmo é pensar e ser."
B 8 "Queda un só dicir do camiño: que é; sobre ese camiño hai múltiples sinais: que, sendo non nacido, é tamén non perecedeiro, pois é de membros intactos, e sen tremor e sen final; nunca era nin será, posto que é agora todo á vez, un, contínuo, pois ¿que nacemento del buscarás?, ¿como e de onde creceu?; non te permitiréi dicir nin pensar que do non-ser, pois nin dicir se pode nin pensar que non é. E ¿que necesidade teríao empuxado, antes ou despois, partindo da nada, a ser?"
B 8 "Queda un só dicir do camiño: que é; sobre ese camiño hai múltiples sinais: que, sendo non nacido, é tamén non perecedeiro, pois é de membros intactos, e sen tremor e sen final; nunca era nin será, posto que é agora todo á vez, un, contínuo, pois ¿que nacemento del buscarás?, ¿como e de onde creceu?; non te permitiréi dicir nin pensar que do non-ser, pois nin dicir se pode nin pensar que non é. E ¿que necesidade teríao empuxado, antes ou despois, partindo da nada, a ser?"
Parménides (VI-V a.C.)
Actividades: Propoñemos as seguintes: podes intentar facer unha, varias... ou ningunha, claro:
- Volve a dicir o que din estes textos, pero coas túas palabras.
- Céntrate no texto de Anaximandro e trata de explicalo, tendo en conta a noción de fysis, o que sabes dos milesios, do monismo, dos outros presocráticos... (¿Hai algún parecido con Heráclito? ¿Que diría Parménides deste texto? ¿E os pluralistas?, etc.).
- O mesmo, pero cos textos de Heráclito.
- Ídem, pero cos textos de Parménides.
- Trata de poñer en relación (semellanzas, diferencias) os tres autores partindo dos textos aquí reporducidos, e facendo referencia a eles, ás súas frases e exprexións.
Etiquetas:
ACTIVIDADES,
PRESOCRÁTICOS,
TEMA 1,
TEXTOS COMPLEMENTARIOS
Mapa, esquema e vídeo
Nesta entrada ofrecemos a posibiliade de botar unha ollada a un mapa da Grecia antiga (fonte: "Logos, así habló... Filosofía antigua", IES, " M. de Falla", de Coslada)...
...e a un esquema no que podes ver información sobre filósofos gregos, escolas e datas (fonte: Wikipedia). Non obstante, tendo en conta que, lamentablemente, saen reproducidos ambos en tamaño demasiado pequeno, pincha aquí para velo mapa mellor, e pincha agora aquí se desexas velo esquema a maior tamaño...
Claro que tes outra posibilidade: este vídeo de YouTube titulado "Descripción de la Grecia antigua":
Actividades: Podes intentar localizar no mapa as polis dos diferentes autores xa visos...
sábado, 11 de octubre de 2008
¿Nihilismo?, ¿que nihilismo?

" La vida es una canción estúpida
que se repite día a día
diciéndome al oído: soy absurda
soy la absurda flor de la vida
sobre la que cae la ceniza
y el papel se puebla de insectos
y la babosa moja con su baba la vida."
Danza de la muerte, 2004
"Ah el río
el río insomne de la vida
no soy cucaracha, sino rana
devota de la nada,
devota del poema
que se escribe como un látigo contra el hombre
como el dolor del pensamiento
como el sufrir de la nada."
Danza de la muerte, 2004
que se repite día a día
diciéndome al oído: soy absurda
soy la absurda flor de la vida
sobre la que cae la ceniza
y el papel se puebla de insectos
y la babosa moja con su baba la vida."
Danza de la muerte, 2004
"Ah el río
el río insomne de la vida
no soy cucaracha, sino rana
devota de la nada,
devota del poema
que se escribe como un látigo contra el hombre
como el dolor del pensamiento
como el sufrir de la nada."
Danza de la muerte, 2004
Éstes son dous breves poemas de Leopoldo María Panero . Fai tempo xa, falando do século XIX, de Nietzsche, do nihilismo, chegou un momento no que fixemos unha referencia a este poeta. Non eran éstes os poemas que tiña pensado un introducir aquí, senón outro, pero será mellor deixalo como está... (É probable que Bunbury teña algunha versión dalgunha cousa de Panero colgada na rede...).
TEMA 1

Utilizaremos o sistema das "etiquetas" para crear a menor confusión posible, e así poder distinguir os textos de Platón, por exemplo, dos de outros autores, ou ben dos textos complemen-
tarios non tan... "académicos". Polo tanto, na medida que o número de entradas vaia en aumento, deberás orientarte por esas etiquetas ("Platón", "outros autores", etc.).
viernes, 10 de octubre de 2008
Presentación

Benvidos. Éste é o blog de Fil. II. Nel poderás atopar textos dos autores principais, textos complementarios, actividades, material diverso, etc. Intentaremos conseguir que chegue a ser un modo de estar en comunicación entre nós, que resulte útil e que sexa axil.
Para intoducir os vosos comentarios non é imprescindible ter unha conta: basta con escribilo, reproducir a combinación de letras de seguridade (anti-spam), e pinchar no circuliño que di "anónimo". O teu nome, iniciais, etc., podes incluílo ao final do comentario.
Recorda que se non tes posibilidade de entrar en Internat desde a túa casa, sempre podes recurir aos ordenadores da biblioteca...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)