
"Evidentemente esa falta de sentido non pode ser interpretada como un efecto ou cataclismo humano. Nin sequera o máis cerril dos psicoanalistas podería interpretar a cultura grega desde ese punto de vista. Só pode entenderse dicindo que o sentido é apartado do humano. Non podes dicir que os humanos de repente quédanse sen sentido e empezan a poñelo eles mesmos. Fronte ao antigo, que aceptaba o sentido na árbore, o outeiro e o río, non é posible que os humanos en xeral sufran de pronto unha especie de trauma e queden sen sentido da noite á mañá. ese sentido é arrebatado, é escondido, escóndese, e ése é o nacemento de Occidente. (...) O sentido xa soamente dependerá de aquilo que nós poñamos como sentido fronte a todo o anterior, cando o sentido viña dado, estaba alí, e polo tanto a ninguén preocupáballe o sentido."
No hay comentarios:
Publicar un comentario