viernes, 9 de enero de 2009

Textos de Agostín propostos pola CIUG

Metidos xa no Tema 3, temos que comezar advertindo que hai sete textos de Agostiño (Agostín), se ben os dous últimos, o seis e o sete, máis ben hai que velos como algo parecido a textos complementarios, xa que, como a propia persoa responsable da elección destes sete textos recoñece "verbalmente" -por escrito, aínda non-, eses dous non caben dentro do marco prefixado polos "tópicos" ( puntos principais de cada tema) establecidos pola propia CIUG, e que timesmo podes ler na rede.
Polo demais, eses textos están fotocopiados e a túa disposición desde o mes de Decembro na túa aula, no taboeiro. Pero se prefires imprimilos desde a páxina da CIUG, podes. ¿Como? AsÍ:
  1. Escribes "CIUG" en Google ou Firefox e entras. Ou se o prefires, preme xa aquí neste enlace para entrar agora xa na páxina da CIUG, e continúa despois cos pasos seguintes...
  2. Premes onde di "Área de Centros", arriba, á dereita.
  3. E agora onde di "Grupos de Taballo".
  4. Buscas o rectágulo correspondente a "Filosofía", e dentro del premes onde podes ler "Máis información".
  5. E agora sobre a palabra "Textos".
  6. Entonces buscas "Agostiño" (despois de Aristóteles): aí tes os textos, que deberás atopar un por un, e imprimir un por un.
Da a impresión de que cada certo tempo a CIUG varía a orde a seguir para atopar os textos que toquen (Platón, Aristóteles...). Paciencia.
Os seguintes textos que haberá que imprimir serán os do Tema 4 (Maquiavelo), pero NON os dos autores que verás entre Agostiño e Maquiavelo. Eses nós non os escollimos, ¿de acordo?

TEMA 3

viernes, 19 de diciembre de 2008

O desterro do meteco. Soidade, nostalxia... e mito

"Hai algo conmovedor no espectáculo do desterrado poñendo en orde os seus asuntos. Constantemente recorda a súa patria, Estaxira, e a afastada e solitaria casa dos seus pais, as figuras dos seus pais adoptivos, ao seu único irmán Arimnesto, a quen perdeu cedo, e á súa nai, a quen só podía pintar como a viu sendo pícaro. O seu desexo é que non se separen os seus restos mortais dos ósos da súa muller Pitias, como fora tamén a última vontade dela. Nese último documento de disposicións prácticas lemos entre liñas unha estraña linguaxe (...). É o cálido ton dunha verdadeira humanidade, e ao mesmo tempo o signo dun abismo case aterrador entre el e as persoas de quen estaba rodeado. Estas palabras escribiunas un home solitario. Un vestixio desa soidade quédanos nunha confesión extremadamente emotiva que fai nunha carta deste último período, palabras que despiden unha inimitable fragrancia persoal. "Canto máis solitario e illado estou, tanto máis cheguei a amar os mitos." No interior da casa ruidosa está sentado un ancián que vive exclusivamente para si, un eremita, para empregar a súa propia expresión, un eu retirado na súa propia intimidade, unha persoa que nos seus momentos felices pérdese no profundo país das marabillas que é o mito. A súa austera e reservada personalidade, cuidadosamente oculta aos ollos do mundo exterior tralas inconmovibles murallas da ciencia , revélallenos aquí, levantando o veo do seu segredo."

jueves, 18 de diciembre de 2008

The last picture show

(Cando a nova da morte de Alexandre, en 323 a. C., chegou finalmente a Atenas, os sentimentos antimacedónicos fixeron que Aristóteles, con coñecidas conexiones con Macedonia en xeral, e con Alexandre en particular, fose visto como sospeitoso e branco das iras da poboación. Para impedir que os atenienses "pecaran de novo contra a filosofía", como dixo o propio Aristóteles tendo en mente o caso de Sócrates, deixou a cidade e a súa querida escola -foi Teofrasto o seu continuador nela-, fuxindo coa súa familia a Calcis (Calcidia), na illa de Eubea (neste enlace podes ver nun mapa Atenas, Eubea en rosa, e Calcis-Chalkida nun cadrado verde), fortaleza de influencia macedónica onde o filósofo vivíu nas propiedades que recibira da súa defunta nai, morrendo no 322 aos sesenta e dous ou sesenta e tres anos...).

Fuxira por mar, desde o porto ateniense do Pireo, ou primeiramente por terra, para coller máis tarde o barco cara a Calcis, a un tiro de pedra da costa continental, tal día ou tal outro tivo que ser o último, a última ocasión na que o estaxirita puidera contemplar a cidade á que chegara aos dezaoito anos, a cidade da Academia, a cidade do seu mestre e amigo Aristocles, e de tantos outros amigos e lazos sentimentais... Talvez nese día, nese momento, era consciente de que toda unha época chegaba ao seu fin..., ou talvez soamente tiña a mente para pensar en todo o que perdía irremediablemente, e dada a súa idade e saúde, para sempre: o Liceo, a biblioteca, os arquivos persoais, os colaboradores e amigos...
Para sempre.

jueves, 11 de diciembre de 2008

"Eudaimonía", con K

Para responder á pregunta sobre a felicidade en relación coas virtudes, plantexada na aula, remitímonos ao libro Aristóteles, de W. D. Ross (Editorial Charcas, BB AA, II edición, 1981). O seu capítulo VII, titulado "Ética" -de Aristóteles, por descontado-, trata esta cuestión, nas últimas páxinas (331-334). Entresacamos e reproducimos algunhas frases, que esperamos sexas claras:

"(..) La felicidad debe ser, pues, una actividad de acuerdo con la virtud. (...) Hemos aprendido también que la sabiduría teórica es superior a la práctica, y que al menos una parte del valor de ésta última consiste en que ayuda a producir la primera. Es evidente que para Aristóteles la contemplación es el principal ingrediente de la felicidad, pero no es tan evidente si la acción moral constituye otro elemento de la felicidad o sólo un medio para obtenerla. (...) La felicidad (...) debe ser una actividad de acuerdo con la virtud de la mejor parte de nosotros mismos, es decir, de la razón. La actividad que constituye la felicidad es teorética. Es la mejor actividad de que somos capaces, (...) acerca de los mejores entre todos los objetos: los que son eternos e inmortales (...); es el género de vida que debemos atribuir a los dioses, porque sería absurdo atribuirles una vida moral. Pero la vida contemplativa es demasiado elevada para nosotros, no podemos vivirla en tanto que hombres, es decir, en tanto que seres compuestos de cuerpo, alma irracional [vexetativa e sensitiva] y de razón, sino solamente en virtud del elemento divino que está en nosotros. No debemos , sin embargo, seguir a aquellos que dicen que, en tanto que hombres, debemos preocuparnos sólo de las cosas humanas; debemos, en la medida de lo posible, "asirnos a la vida eterna" viviendo la vida de esta parte de nosotros mismos que, no obstante es pequeña, es la mejor de nosotros y lo más verdaderamente nosotros mismos. Quien vive así es el hombre más feliz.
No es, sin embargo, el único hombre feliz. La vida de la virtud moral y de la sabiduría práctica, relacionándose como lo hace con los sentimientos que derivan de nuestra naturaleza corporal, es la vida de todo el conjunto de este ser compuesto que es el hombre, y de una felicidad que se puede llamar "la felicidad humana". El papel asignado por Aristóteles a la vida moral, parece ser, pues, doble: 1) constituye una forma secundaria de la felicidad, en la cual debemos recaer porque no somos todo razón y no podemos vivir siempre en el plano de la vida contemplativa. Y 2) nos ayuda a llegar a la forma más elevada de la felicidad. Aristóteles dice muy poco acerca de cómo se produce esta ayuda. (...) Consideraba la acción moral como favorable a la actividad intelectual por la sujeción de las pasiones. Pero aunque su teoría formal subordina la vida moral a la vidaintelectual, nunca explica en detalle esta relación. Cuando Aristóteles estudia las actividades morales , las trata como buenas en sí mismas, y al agente moral como si no tuviera otros motivos que la nobleza misma del acto. En efecto, atribuye a la vida moral más valor del que se desprende de su teoría formal."


En definitiva:
  • Quedámonos coa dúbida.
  • Queda bastante claro que, unha vez máis, a pregunta era... bastante boa.
Gracias.

jueves, 27 de noviembre de 2008

Mapa de Grecia e Macedonia: Estaxira

Estaxira: onde podes ver o número seis. O oito é Atenas.

sábado, 15 de noviembre de 2008

Sobre os sete textos de Aristóteles (2008-09)

A CIUG propón sete textos deste autor, de desigual condición. Incluímos aquí algúns comentarios co fin de facilitar a súa preparación de cara á PAAU. Iremos numerando os textos:
  1. O primeiro é da "Física", é breve e trata dos entes do mundo sublunar. Di que nos entes físicos ou naturais ( catro elementos, cousas naturais non vivas, seres vivos) a natureza é principio de movemento e repouso (xa sabes: potencia acto, materia, forma, "telos" inmanente..). A éstes Aristóteles opón os entes artificiais (camas, barcos, etc.).
  2. Outro da "Física": trata das catro causas. No parágrafo I podes ler: "(...) as causas (...) xeración e a destrución e con todo cambio natural". No parágrafo II, vemos: (a) causa material ou materia; (b) causa formal ou forma; (c) causa axente ou eficiente ou motora ou motor; (d) causa final ("telos"). Este texto, recortado dun xeito non moi distinto, o temos incluído no noso Tema 2.
  3. Tamén da "Física", pero cunha traducción que pode despistar. No parágrafo I di que se a natureza é principio de movemento e repouso, debemos saber qué é movemento. Ao comezo do II o di: "a actualidade do potencial" (acto do que é en potencia). A continuación fala dos catro tipos de movemento: o sustancial e o accidental, que á súa vez subdivídese en tres (cualitativo, cuantitativo e local). O que pasa é que no texto aparecen nesta extraña orde: cualitativo ("alteración"), cuantitativo ("aumentar", "diminuír"), sustancial ("a xénese e a destrución") e local ("translación"). Como antes, temos este texto incluído no noso Tema 2, pero recortado dun xeito algo diferente. E desde logo con outra traducción, naturalmente.
  4. É da "Ética a Nicómaco" (lembra que para Aristóteles a ética está incluída na política), e consta de tres parágrafos numerados como 1, 2 e 4. O nº1 é o de menor interese, e ven dicir que cada arte, investigación, acción ou elección tende a algún ben. Como hai moitas accións, artes, ciencias, tamén hai moitos fins. E os fins das principais son preferibles ás das subordinadas. O nº2 xa fala da política: se hai un fin dos nosos actos que queiramos por si mesmo, ése sería o mellor. Polo que é fundamental para a nosa vida coñecelo. E por tanto coñecer tamén a que ciencia ou facultade corresponde: a política ( a retórica, a extratexia e a economía dependen dela). E como o fin ("telos") do individuo e o da cidade son o mesmo, será máis grande o desta. Finalmente, o nº4, que é o que leva máis dentro de si, di que o ben ao que tende a política é a felicidade (benestar, "eudaimonía"), vivir e obrar ben. Pero non hai acordo entre as persoas respecto a qué é a felicidade. "Pero algúns cren que ademais de toda esta abundancia de bens, hai outro que existe de seu e que é a causa de que todos aqueles sexan bens". Sinala despois que hai que comezar polas cousas máis fáciles de coñecer para nós, e que, polo tanto, sobre a política o home debe guiarse polos costumes. E partindo dese punto, poderá dar despois cos princios.
  5. Outro da mesma obra: a felicidade é o mellor, pero para saber e qué consiste hai que saber cal é a función (natural) do home; a propia ou específica del. E non pode ser nin vivir a secas, nin ter alma vexetativa, nin a sensitiva, pois todo iso o comparte con moitos seres vivos. Así que ten que ser o relacionado coa alma racional ("logos": razón, palabra). Polo tanto, a actividade propia do home é a da alma conforme á razón, e o seu ben, a que é de acordo coa virtude, ou virtudes. Tamén temos un texto no noso Tema 2 que é unha parte deste.
  6. Tamén da mesma obra. Comeza distinguindo entre virtude intelectual ("dianoiética") e virtude ética. Cando di que esta palabra (en grego) ten relación coa palabra "costume" é porque en grego "ethos" significa costume, morada, hábito, e de aí "ética" (en latín, de "mos", costume, ven "moral"). Logo engade que as virtudes non son por natureza, senón que se adquiren e exercitan practicando a xustiza, a moderación, etc. Di que é como pasa nas cidades, onde os lexisladores ensinan aos cidadáns certos costumes. Ou sexa, os modos de ser (valente, xusto, sincero...) nacen de actuacións semellantes (actuar con valentía con frecuencia, ou con xustiza, ou con sinceridade...). Logo, nun segundo punto de dous parágrafos, no primeiro deles advirte que esta obra ("Ética a Nicómaco") non é teórica: non se busca saber qué é a virtude, en abstracto, senón ser virtuosos para ser felices, polo que hai que investigar cómo debemos actuar. E no segundo parágrafo fálase da virtude como termo medio entre o exceso e o defecto. Este fragmento tamén o temos no noso Tema 2, pero cunha traducción distinta.
  7. O derradeiro é da "Política", e consta de dous puntos. No I di que toda comunidade (hai varias: a maior sería a "pólis" pois Aristóteles pensa como grego) apunta ao ben máis importante, que é o da cidade-estado. No II aclara que a comunidade perfecta é a cidade porque é a única que alcanza a autosuficiencia, a que permite vivir ben (felicidade). Polo que o resto de comunidades ( familia, aldea) teñen na polis o seu fin. Despois define ao home como "zoon logikón" (social, político por natureza), e distingue a vida gregaria dos animais e a súa utilización da simple "voz" ("phoné") para comunicar pracer/dor, da vida social-política dos homes baseada na "palabra" ("lógos"), que permite distinguir o ben do mal, o xusto do inxusto, e de aí que sexa posible a vida social-política. Termina aclarando unha vez máis por que a cidade está por enriba da familia ou de calquera outra comunidade. Un fragmento deste texto, o que fala da vida social e a palabra, o temos no noso Tema 2 tamén.