viernes, 14 de noviembre de 2008

Textos de Aristóteles propostos pola CIUG (curso 08-09)

Son sete, e todos eles están a túa disposición na aula, por se queres fotocopialos e non baixalos desde a rede. A forma de acceder a eles é algo diferente a como era antes (ver entrada correspondente aos textos da CIUG de Platón). Agora debes seguir estes pasos e nesta orde, por favor:
  • Escribes "CIUG" en Google ou Firefox, e entras. Ou se prefires preme agora sobre CIUG.
  • Aparecerán un montón de posibilidades. Arriba, á dereita, preme sobre "Area de Centros".
  • E agora sobre "Grupos de Traballo".
  • Neste momento busca "Últimas Actualizacións", e preme.
  • Aparecen varios rectángulos e, dentro do rectángulo de "Filosofía", premes sobre "Máis textos": aí atoparás os sete textos de Aristóteles (e os de Platón). Tamén tes os do Tema 3 (que para ti sería Agostiño, pero mellor deixao agora, pois hai problemas con dous deses textos), e os do Tema 4 (que para ti sería Maquiavelo). Os textos de Tomé (Sto. Tomás de Aquino), Ockham e Bacon, non van contigo: son opcións que nós non veremos.
De todas maneiras, repetimos que os sete textos están fotocopiados e á túa disposición na túa aula, no taboleiro.

miércoles, 12 de noviembre de 2008

martes, 11 de noviembre de 2008

Unha entrada para todos e para ninguén

"Se nos situamos na orixe (...) o que aparece como determinante para Occidente é a busca de sentido, a busca de significación. Noutras culturas (...) esa busca (...9 ten outros camiños. o camiño que determina a Occidente (...) deternínase como busca de sentido fixo e estable. Occidente nace dun momento abismal do que non sabemos absolutamente nada, do que (...) ninguén (...) pódenos dicir como se produce. ese momento é un momento de experiencia da falta de sentido, que provoca inmediatamente ese arco xigantesco que é a busca e fixación de significado que caracteriza á metafísica occidental.
"Evidentemente esa falta de sentido non pode ser interpretada como un efecto ou cataclismo humano. Nin sequera o máis cerril dos psicoanalistas podería interpretar a cultura grega desde ese punto de vista. Só pode entenderse dicindo que o sentido é apartado do humano. Non podes dicir que os humanos de repente quédanse sen sentido e empezan a poñelo eles mesmos. Fronte ao antigo, que aceptaba o sentido na árbore, o outeiro e o río, non é posible que os humanos en xeral sufran de pronto unha especie de trauma e queden sen sentido da noite á mañá. ese sentido é arrebatado, é escondido, escóndese, e ése é o nacemento de Occidente. (...) O sentido xa soamente dependerá de aquilo que nós poñamos como sentido fronte a todo o anterior, cando o sentido viña dado, estaba alí, e polo tanto a ninguén preocupáballe o sentido."

Félix de Azúa, en "Una verdad sin garantías", Archipiélago, nº 5, páx. 25; 1990

lunes, 10 de noviembre de 2008

Dinos, Aristocles, chamado Platón,...

... ¿que pensabas cando, ao atardecer, deixabala túa mirada perderse nas nubes de Siracusa...?

miércoles, 5 de noviembre de 2008

"Reality show" no Pireo

Platón, no Libro IV do diálogo República, introduce a seguinte historia para ilustrar como ás veces a cólera (ánimo, vontade, fogosidade) combate co apetito (parte concupiscible), nun momento en que o autor, por boca do seu alter ego "Sócrates", intenta distinguir as tres funcións básicas da alma humana (razón, ánimo, apetito, ente outras que non nomea):

"Leoncio, fillo de Aglaión, subía do Pireo pola parte exterior do muro do norte
cando advertíu uns cadáveres que estaban botados por terra ao lado do ver-
dugo. Comezou entonces a sentir desexos de velos , pero ao mesmo tempo re-
pugnáballe e retraíase; e así estivo loitando e cubríndose o rostro ata que, ven-
cido da súa apetencia, abríu enteiramente os ollos e, correndo cara aos mortos,
dixo: `¡Aí os tedes, malditos, saciaos do fermoso espectáculo!´
"

domingo, 2 de noviembre de 2008

Notas ao texto do "Símil da Liña" proposto pola CIUG

Días atrás advertíamos da necesidade de incluír unha serie de notas para a mellor comprensión do fragmento do Libro VI da "República" proposto este ano pola CIUG (ver entrada corespondente).
Imos aló, pois:
O texto en cuestión é de dúas páxinas na edición utilizada pola CIUG:
  • Primeira páxina: Se baixas algo chegarás a un parágrafo no que Sócrates di, despois do guión, "Deste modo: por un lado..." Tomando esta liña como a número 1, nas liñas 1-2, está falando das matemáticas, as súas hipóteses e a diánoia (pensamento discursivo, deducción). Nas liñas 3-4, sen embargo, o fai da dialéctica ascendente e da Idea de Ben ("principoi absoluto"). Nas liñas 6-11, e nas 13-17, segue falando, outra vez, das matemáticas, a diánoia, as hipóteses desa ciencia matemática...
  • Seguna páxina: As primeiras liñas, que nacen co primeiro guión, tratan da Idea de Ben ("principio de todo", "o absoluto"). E logo da dialéctica descendente ("dependen dela, descenderá ata..."). Se baixamos agora ao segundo guión ("Comprendo, pero..."), Glaucón volve sobre as matemáicas ("artes"). A última frase desta intervención pode non quedar moi clara nesta traducción, sobre todo pola expresión "estado moral dos xeómetras": a tradución en castelá da editorial Alianza, de M. Fernández Galiano, talvez sexa menos confusa ("Y creo también que a la operración de los geómetras y demás la llaman pensamiento [diánoia], pero no conocimeinto [nóesis], porque el pensamiento es algo que está entre la simple creencia [doxa] y el conocimiento [nóesis]"). Finalmente, nas liñas restantes, e baixo a extraña expresión de "catro afeccións" (da alma) refírese, por esta orde, á nóesis, diánoia, pistis e eikasía.
Todas estas liñas ou fragmentos aquí tratados son, precisamente, os máis dados a ser utilizados como unidades para comentar, e tanto a teoría das Ideas, como a teoría do coñecemento (e da reminiscencia), como a Caverna e a educación, e a teoría política, son cousas que debes ter en conta para eses comentarios, amén das referencias aos autores de sempre: Parménides, Crátilo, Sócrates, sofistas (porque son do Tema 1; se estiveramos co curso xa acabado, outros autores posteriores entrarían tamén na lista).

Platón e a lenda da Atlántida

Vídeos en YouTube sobre a Atlátida hai demasiados, e practicamente todos prescindibles ou pouco recomendables para quen confunde un vídeo humorístico con veradades metafísicas cheas de extraterrestres e frikis, cando non se trata da típica montaxe de medias verdades e suposicións collidas polos pelos presentadas como certezas, etc.
Agora ben, estre tanta tontería hai algún vídeo que outro que está ben ou moi ben, sen olvidar que sempre -calquera deles- estará cheo de especulacións e supostos non comprobados... O que aquí presentamos é bastate comedido -non sabemos se a súa continuación, xa que aquí só temos o principio, de modo que non podemos facernos responsables das seguintes partes do documental que aquí metemos-. Resulta que Platón, nos diálogos "Timeo" e "Critias", ambos do período de vellez -o "Critias" é posterior ao "Timeo", e na edición da editorial Gredos ocupa puoco máis de vinte páxinas, pois quedou talvez inconcluso-, fai referencia á lenda da Atlántida e á súa desparición. Pois iso...