miércoles, 4 de febrero de 2009

Sobre os seis textos de Maquiavelo propostos pola CIUG


Seis son os textos propostos pola CIUG, non moi extensos e sen gran dificultade. Comenaremolos un por un:
  1. O primeiro é unha famosa carta da época na que Maquiavelo caera en desgracia, levando unha vida apartado e con dificultades de todo tipo. O primeiro parágrafo é unha conseguida descripción desa vida, pero é o segundo o que importa: nel fala das súas lecturas dos libros de historia da Antigüidade, dos seus presupostos do seus así chamado realismo político e dos temas que lle interesa estudar: qué é un principado, clases de principados, como se adquiren, como se perden... E fala da súa obra "O Príncipe". É un breve texto ( o parágrafo II) que permite falar practicamente de case todo o seu pensamento político.
  2. A partir de aquí, todos os textos son fragmentos de "O Príncipe". É moi recomendable que antes de ler cada texto leas abaixo o título do capítulo do que está extraído, porque é moi indicativo do seu contido. Éste fala dos príncipes que chegaron ao poder mediante delitos. En concreto, Maquiavelo escribe sobre a utilización positiva ou negativa da crueldade ("león") como instumento de poder, e as consecuencias que se derivan. Debes pensar non unicamente, pero si sobre todo na parte final do noso Tema 4. Fálase de Agatocles: preme aquí se queres saber quen era sen ter que ler demasiado.
  3. No parágrafo I mantén a súa tese do realismo político, oposto á idealización dun Platón ou dun Agostín, que levarían ao fracaso. Partindo de aí, no II di que todo home ou príncipe destaca por algunha virtude ou vicio que causa eloxio ou censura. E no III, que o príncipe non pode ter todalas virtudes, pero si é necesario que sexa prudente para evitar a infamia (mala fama) dos vicios que poden arrebatarlle o poder. Sen embargo, certos vicios poden ser útiles como ferramenta política. Ou sexa, non é éste o único texto no que di que a imaxe dada do príncipe é fundamental, ao marxe de que sexa ou non sexa realmente virtuoso.
  4. De se é mellor que o príncipe sexa amado ou temido. O mellor é combinar ambas cousas, pero de escoller é mellor ser temido, e Maquiavelo explica por que, deixando clara a súa visión pesimista da natureza humana. No blog hai unha entrada dedicada á película "Una historia del Bronx". Pois ben, nela hai unha escena na que o mafioso Sony fala precisamente como Maquiavelo aquí, xa que o personaxe lera ao italiano con frecuencia... na cárcere.
  5. ¿Debe o príncipe manter sempre a súa palabra? O príncipe non sempre debe ser leal. Lembra que Maquiavelo falaba de ser "raposo". Tamén di que debe ter tanto o lado bestial como o humano, e saber utilizar cada un segundo a ocasión. Logo insiste na necesidade de cuidar a imaxe que o príncipe da de si mesmo aos demais, e incluso da necesidade de non ser "bo" para conservar o Estado. Insiste na necesidade de cativar ao vulgo (as minorías non contan) atendendo aos resultados obtidos. Termina cunha referencia velada a Fernando o Católico, como exemplo de persoa que reúne estas capacidades.
  6. De como e por que evitar tanto o odio como o desprezo, e sempre por motivos políticos, non morais. Advirte ao final que o odio se gaña tamén ás veces por intentar ser "bo" nuha situación onde reina a corrupción e resulta indebido, polas consecuencias.

No hay comentarios: