viernes, 20 de febrero de 2009

Sobre os once textos cartesianos propostos pola CIUG

A CIUG inclúe ata once textos de Descartes, e aquí intentaremos dicir algo de cada un, por se iso pode resultar de axuda:
  1. O primeiro é un breve e sinxelo fragmento das "Regras...", no que fala das ventaxas do método, das regras deste, da verdade tal e como el a entende...
  2. Un par de parágrafos antes de que Descartes escriba na Parte II do "Discurso..." as famosas catro regras, atopamos este parágarfo no que escribe do seu proxecto, a busca do verdadeiro método, e fala de evitar a precipitación... Outra vez é un texto breve e de fácil comprensión.
  3. Último parágrafo da Parte II do "Discurso...": enunciadas xa as catro regras algo máis atrás, agora Descartes afirma ter atopado o método adecuado que permitirá conseguir o verdadeiro coñecemento, e que non é un método para tal ou cal ciencia, senón para todo o saber humano. Tamén advirte que a tarefa que agora comeza é enome e require tempo e evitar a precipitación. Pero considerando que a filosofía é o fundamento de todo o saber, pensa imprescindible investigar eses principios da filosofía na que non cre que de momento haxa ningún con certeza (se saltamos a Parte III, dedicada á moral provisional, na Parte IV que xa chega, comeza coa dúbida metódica). Pero este proxecto é o suficientemente grande e importante como para darse tempo, dada a súa idade, e así evitar a precipitación (e a prevención).
  4. Fala de varias cousas: da árbore dos saberes e da súa xerarquía. Tamén do seu método, universal e non específico de ciencia concreta algunha. Non deixa de facer tamén unha breve referencia á moral provisional, ollo...
  5. Comezo da Parte IV do "Discurso...", a parte máis coñecida desa obra (a verdade é que sáltanse as sete primeiras liñas). Nos renglós un e dous fala da moral provisional, tratada na Parte III que acaba de rematar (lembra que a dúbida metódica é teorética). O resto é Descartes en estado puro: presupostos da dúbida metódica e resumo das súas hipóteses. Pero presta atención: a orde de aparición das hipóteses non é a mesma que en "Meditacións metafísicas", e nin sequera fala do Xenio Maligno, senón que exprésase doutro xeito: "e posto que hai homes que se equivocan razoando..." A palabra "paraloxiosmos" significa argumentacións incorrectas. Ao final aparece a archicoñecida proposición deste filósofo e científico. (Unha curiosidade: a hipótese do soño atópase aquí en último lugar).
  6. Agora o mesmo, pero nas "Meditacións...", que é unha obra máis completa. Xusto antes de enunciar a proposición que lle fixo famoso, Descates para a tomar aire e fai un resumo da dúbida metódica e do seu límite: non pode poñer en dúbida a dúbida mesma, porque iso xa é dubidar, etc., etc., etc.
  7. As dúas primeiras demostración da existencia de Deus. A segunda está nos sete derradeiros renglóns. Lembra que debes relacionar estas demostracións co cogito, o criterio de verdade e o Xenio, e facelo ben.
  8. Estamos case ao final da Parte IV do "Discurso...", e Descartes xa demostrou por tres veces tres que Deus existe. Neste texto está a falar do papel deste Deus veraz e bo como garante do criterio de verdade (claridade e distinción). Non olvides poñelo en relación co Xenio , o cogito e... o criterio, claro.
  9. Primeira demostración da existencia de Deus nas "Meditacións metafísicas". Comeza falando das ideas "supostamente" adventicias (neste momento aínda non pode afimar a existencia do mundo). Ollo co parágrafo II e co derradeiro, vistos na aula, porque poden confundir. Se sintes certa desorientación, volve a reler as demostracións no Tema 5 mecanografiado, e logo volves aquí.
  10. Fala da noción de substancia tal e como a entende este autor. Cando fala da "Escola", refírese á corriente de pensamento aínda dominante na época, a filosofía-teoloxía escolástica cristiana de orixe medieval, que el intenta superar, de aí que sexa considerado como o primeiro filósofo "moderno" (se ben é certo que arrastra certos prexuízos escolásticos nos seus escritos).
  11. Segue a falar das substancias, neste caso de pensamento e extensión, e do que entende por atributo. Tanto aquí como no anterior, non esqueces a Spinoza ou Leibniz (ou locke, Hume e Kant, xa postos).

No hay comentarios: