miércoles, 4 de febrero de 2009

Sobre os seis textos de Maquiavelo propostos pola CIUG


Seis son os textos propostos pola CIUG, non moi extensos e sen gran dificultade. Comenaremolos un por un:
  1. O primeiro é unha famosa carta da época na que Maquiavelo caera en desgracia, levando unha vida apartado e con dificultades de todo tipo. O primeiro parágrafo é unha conseguida descripción desa vida, pero é o segundo o que importa: nel fala das súas lecturas dos libros de historia da Antigüidade, dos seus presupostos do seus así chamado realismo político e dos temas que lle interesa estudar: qué é un principado, clases de principados, como se adquiren, como se perden... E fala da súa obra "O Príncipe". É un breve texto ( o parágrafo II) que permite falar practicamente de case todo o seu pensamento político.
  2. A partir de aquí, todos os textos son fragmentos de "O Príncipe". É moi recomendable que antes de ler cada texto leas abaixo o título do capítulo do que está extraído, porque é moi indicativo do seu contido. Éste fala dos príncipes que chegaron ao poder mediante delitos. En concreto, Maquiavelo escribe sobre a utilización positiva ou negativa da crueldade ("león") como instumento de poder, e as consecuencias que se derivan. Debes pensar non unicamente, pero si sobre todo na parte final do noso Tema 4. Fálase de Agatocles: preme aquí se queres saber quen era sen ter que ler demasiado.
  3. No parágrafo I mantén a súa tese do realismo político, oposto á idealización dun Platón ou dun Agostín, que levarían ao fracaso. Partindo de aí, no II di que todo home ou príncipe destaca por algunha virtude ou vicio que causa eloxio ou censura. E no III, que o príncipe non pode ter todalas virtudes, pero si é necesario que sexa prudente para evitar a infamia (mala fama) dos vicios que poden arrebatarlle o poder. Sen embargo, certos vicios poden ser útiles como ferramenta política. Ou sexa, non é éste o único texto no que di que a imaxe dada do príncipe é fundamental, ao marxe de que sexa ou non sexa realmente virtuoso.
  4. De se é mellor que o príncipe sexa amado ou temido. O mellor é combinar ambas cousas, pero de escoller é mellor ser temido, e Maquiavelo explica por que, deixando clara a súa visión pesimista da natureza humana. No blog hai unha entrada dedicada á película "Una historia del Bronx". Pois ben, nela hai unha escena na que o mafioso Sony fala precisamente como Maquiavelo aquí, xa que o personaxe lera ao italiano con frecuencia... na cárcere.
  5. ¿Debe o príncipe manter sempre a súa palabra? O príncipe non sempre debe ser leal. Lembra que Maquiavelo falaba de ser "raposo". Tamén di que debe ter tanto o lado bestial como o humano, e saber utilizar cada un segundo a ocasión. Logo insiste na necesidade de cuidar a imaxe que o príncipe da de si mesmo aos demais, e incluso da necesidade de non ser "bo" para conservar o Estado. Insiste na necesidade de cativar ao vulgo (as minorías non contan) atendendo aos resultados obtidos. Termina cunha referencia velada a Fernando o Católico, como exemplo de persoa que reúne estas capacidades.
  6. De como e por que evitar tanto o odio como o desprezo, e sempre por motivos políticos, non morais. Advirte ao final que o odio se gaña tamén ás veces por intentar ser "bo" nuha situación onde reina a corrupción e resulta indebido, polas consecuencias.

martes, 3 de febrero de 2009

Textos de Maquiavelo propostos pola CIUG

Como sempre recordamos o camiño cara aos textos que choven desde a CIUG:
  1. Escribimos "CIUG" en Google ou Firefox, ou prememos xa aquí.
  2. Agora prememos sobre "Área de Centros" (arriba, á dereita).
  3. E sobre "Grupos de Traballo".
  4. E agora, dentro do rectángulo de "Filosofía", prememos onde di "Terceira entrega de textos".
  5. E finalmente buscas "Maquiavelo", onde atoparás seis textos seis do italiano inmortal.

TEMA 4

lunes, 2 de febrero de 2009

"Han caído los dos"

"Xamais perdonarei ao meu tío, nin á igrexia, nin a Deus, pola cruel mutilación que nos roubou a felicidade"
(Carta de Eloisa a Abelardo)


A tráxica historia de amor de Abelardo (1079-1142) e Eloísa é demasiado grande e -a pesar de todo e por enriba de todo e de todos- fermosa como para que caiba nesta entrada. Afortunadamente os irmáns Auserón botáronnos unha man (adiviña cal dos dous estudiou filosofía...).
Propoñemos a seguinte folla de ruta, para mentes sedentas de vida:
Naturalmente que podes atopar moita máis información na Rede, bibliografía incluída, pero non pretenderás que fagamos todo por ti, ¿ou?

domingo, 1 de febrero de 2009

Lost in translation

O vello Agostín, bispo xa de Hipona, levou nos seus últimos anos -din- unha vida ascética, dedicada ao estudo...
Mais, ás veces, cando o sermón ou a carta resistíaselle e non daba coa frase axeitada, algo parecía tirar del con suavidade... Cara ao oco da ventá..., que daba ao norte...

Well, if you're travelin' in the north country fair,
Where the winds hit heavy on the borderline,
Remember me to one who lives there.
She once was a true love of mine.

Well, if you go when the snowflakes storm,
When the rivers freeze and summer ends,
Please see if she's wearing a coat so warm,
To keep her from the howlin' winds.

Please see for me if her hair hangs long,
If it rolls and flows all down her breast.
Please see for me if her hair hangs long,
That's the way I remember her best.

I'm a-wonderin' if she remembers me at all.
Many times I've often prayed
In the darkness of my night,
In the brightness of my day.

So if you're travelin' in the north country fair,
Where the winds hit heavy on the borderline,
Remember me to one who lives there.
She once was a true love of mine.
(Bob Dylan, "Girl from the north country")

jueves, 29 de enero de 2009

¿É o editor de Stephen King agostiniano, ou tomista (aquinano)?

"- El universo -explicó- es el Gran Todo, y presenta una paradoja demasiado vasta para que una mente finita pueda abarcarla. Del mismo modo en que el cerebro viviente no puede concebir un cerebro no viviente - aunque tal vez crea que sí puede- , la mente finita no puede abarcar el infinito."
(O home de negro ao pistoleiro, en El pistolero, de Stephen King, páxina 283; Plaza & Janés)


(Gracias, S.).

Sobre os textos incluídos no Tema 3

Ademais dos textos propostos pola CIUG, temos dentro do Tema 3 mecanogafiado (páxina 3-8) unha serie de breves textos que poden ser utilizados para comentalos. Pasamos a continuación a facer unha breve presentación de cada un deles, co fin de facilitar esa tarefa, se decides emprendela, cousa que é recomendable... Son cinco, en total:
  1. O primeiro é de Do libre albedrío. Pese ao título da obra, este fragmento non trata o tema do libre albedrío. É un texto de tres parágrafos, e recomendamos ter en conta soamente o primeiro deles (os outros dous son demasiado complicados). Nese parágrafo fálase da Verdade (Exemplares) e de como é posible coñecela (vía interior, luz interior: íntima e ao tempo de todo home). Nega o relativismo. Podemos e debemos traer a colación a Platón, Filón, Plotino, Aquino e Ockham, e se pasamos ao Tema 4, a negación da existencia das Ideas coa Nova Ciencia, e a matematización do mundo.
  2. Éste é de Sobre oitenta e tres cuestións diversas, e consta de dous parágrafos. o primeiro trata da Creación, das Ideas Exemplares, que son eternas e inmutables, das Ideas de Platón, e da participación (Platón outra vez). Debemos pois falar de creacionismo e emanatismo, Platón, Filón, Plotino, e de Aquino e Ockham. Se pasamos ao Tema 4, da negación da existencia das Ideas ou esencias pola Nova Ciencia, e a matematización.
  3. E éste é de A Cidade de Deus, e trata a cuestión, para Agostín non contradictoria, como cristiano que é, entre a Providencia divina (en relación co tempo, coa Historia), e o libre albedrío dos seres humanos. O texto resulta algo repetitivo, e reclama unha lectura detida para non perder o fío. Os temas tratados nesa obra agostiniana, o contraste co concepto non lneal do tempo, así como o creacionismo e a contextualización do tema do libre albedrío dentro da moral cristiana, completaría o cadro. Podes contrastar tamén a visión de Agostín co emanatismo plotiniano.
  4. O número catro é unha carta de Agostín. Nela expón a súa actitude ante o problema da relación entre fe e razón: colaboración e non contradicción entre ambas. Certas frases deben ser lidas con certa calma, para entendelas correctamente. Esta relación entre fe e razón implica falar da actitude dos filósofos da época que rexeitan o cristianismo (comezo do Tema 3), e por suposto de Aquino e Ockham (e do Humanismo e a Nova Ciencia, se pasamos ao Tema 4), sempre en relación ben explicada coas teorías do coñecemento destes autores e o seu concepto da razón humana.
  5. O último é unha famosa frase de Agostín, outra vez dunha carta, e outra vez sobre a relación entre fe e razón: falta de contradicción entre ambas e colaboración, pois Verdade só hai unha: a cristiana.
Esperamos que esta entrada sexa de axuda para quen escolla un destes fragmentos para practicar antes do exame. De todos modos, aínda que finalmente non fagas comentario algún -o que non é desde logo nada recomendable-, por favor, polo menos le todos estes textos e os da CIUG. Polo menos iso...